O voceiro popular denuncia que o abandono ao turismo dos últimos anos realizado por PSOE e BNG vese reflectido no paulatino descenso de recursos económicos e apoio dende a Deputación, polo que “agardamos que con Fitur recapaciten e vexan a importancia deste sector na provincia” e o apoien de forma decidida “algo que non se fixo nos últimos anos”
Lugo, 23 de xaneiro de 2024. Mañá comeza unha nova edición de Fitur e os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo denuncian que aínda nada se sabe da promoción que realizará o goberno provincial nesta feita internacional de turismo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que Fitur “sirva como revulsivo” despois de comprobar como o turismo “non é unha preocupación” para o goberno de Tomé, a pesar “de que anos atrás, con goberno do Partido Popular á fronte da Deputación si que se coidou e tivo a este sector como unha referencia de xeración de riqueza e como un dos motores económicos da provincia”.
A realidade, explica Ameijide, é que José Tomé, dende que chegou a presidencia da Deputación de Lugo, “maltratou” ao sector turístico provincial, ata o punto de reducir a aportación económica para a difusión da imaxe da provincia en cada orzamento provincial.
Un exemplo de que o turismo era unha prioridade para os gobernos provinciais do Partido Popular “foi a aposta polos embarcadoiros e catamaráns, mentres Tomé prefire non coidalos ata o punto de crear un desguace para os catamaráns na nave que a Deputación de Lugo ten en Begonte”.
O voceiro popular indica que “é certo” que dan certa promoción á Mariña, pero “non se pode entender” que non se coiden as estradas xa que “o nulo mantemento realizado pola Deputación de Lugo nas estradas provinciais da Mariña dificulta a mobilidade a veciños e turistas, así como o acceso ás praias e puntos de interese turístico”.
Para os populares “é unha mágoa” que non se empregue o Consorcio de Turismo Provincial “como unha ferramenta de difusión da imaxe da provincia” na que todos os integrantes poidamos aportar o noso punto de vista “para acadar os mellores consensos para fomentar a chegada de turistas á provincia”.
Neste senso, Ameijide lamenta que dende o goberno provincial unicamente se empregue este órgano “como un lugar para facer unha rolda de prensa ao ano, a porta pechada, para indicar onde estivo o presidente provincial ao longo do ano”.
Por último, os populares piden que o goberno provincial coide, adecuadamente, as propiedades que ten para poder difundir a súa imaxe e atraer turistas. Neste senso, “non estamos en contra da adquisición de novos inmobles” como pode ser o Castelo de Doiras, “pero hai cousas que non se poden entender, como que se merque un inmoble por un prezo catro veces superior ao que a adquiriu o anterior dono para dar un beneficio de 690.000€ a unha fundación dirixida por un cargo socialista a nivel autonómico”.
“A realidade é que antes de adquirir novas propiedades a Deputación de Lugo debería de coidar adecuadamente as que xa ten”, finalizan.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



