O BNG promocionará o comercio local cun plan que apoie tamén os productos de proximidade, apoiando ás pequenas e medianas empresas productoras de Galiza”
Lugo, 25 de xaneiro de 2024. A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil presentou as medidas coas que o BNG defenderá ao pequeno comercio desde o goberno da Xunta de Galiza a partir do 18 de febreiro. Rodil afirmou que “desde o BNG defenderemos con estas medidas ás e aos pequenos comerciantes, comercios que manteñen vivas as nosas vilas e os nosos barrios”.
A candidata do BNG anunciou que se impulsará unha lei de protección do comercio galego e de proximidade que garanta a continuidade destas pequenas empresas. “Trátase de medidas que apoien aos nosos comercios e aos productos de proximidade, apoiando tamén ás pequenas e medianas productoras de Galiza”, explicou Olalla Rodil.
As consecuencias das sucesivas crises económicas, a perda de capacidade adquisitiva das maiorías sociais, o avance do comercio electrónico ou a proliferación de grandes superficies comerciais supuxeron nos últimos anos grandes problemas para o desenvolvemento do comercio local.
Nos últimos 15 anos 1 de cada 4 pequenos comercios pecharon as súas portas como consecuencia das dificultades que atravesa o sector. “Para frear esta perda de negocios do tecido comercial galego son precisas medidas decididas que apoien e impulsen ao comercio local; pola súa potencialidade para dinamizar a economía e polo seu papel como xerador de emprego”, afirmou a candidata do BNG, que engadiu “precisamos poñer en valor produción propia, apostando por un consumo sostible e polo seu papel fundamental para a cohesión e dinamización das nosos pobos e cidades, configurando o espazo urbano e dotándoo dun carácter único, facilitando que as rúas e prazas sexan lugares de encontro das veciñas e veciños”.




















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



