Elena Candia acompañada pola candidatura ás autonómicas, senadores, deputados e o grupo municipal popular asumiu dende Guntín “o compromiso de que na nosa axenda estean certezas e os asuntos que preocupan aos lucenses”
Lugo, 28 de xaneiro de 2024. O PP lucense defende a Lugo como “provincia de primeira” e polo tanto lamenta o castigo do Goberno de Sánchez que a considera “de segunda ou terceira”. En materia de infraestruturas, “o Goberno do PSOE, co apoio do BNG, mantennos illados con autovías paralizadas dende fai moito tempo, coma a A-54 e a A-56 que comunican Lugo con Santiago e Ourense”.
Integrantes da candidatura do PP ás autonómicas acompañados por senadores, deputados e compañeiros do Partido Popular reivindicaron dende Guntín “maior implicación do Goberno de Sánchez coa implantación de empresas na provincia e a mellora da rede viaria nacional que favoreza a súa competitividade e a comunicación diaria dos lucenses como no caso da A-54 e a A-56, que permitirían dispoñer de vías de alta capacidade coas que comunicarnos con Santiago e Ourense de forma rápida e segura”.
Concretamente, os populares condenan “os continuos atrasos na finalización das obras da A-54” e “a falta de vontade política e de aposta real pola A-56. E o que é peor, nin sequera manteñen en bo estado a N-540 que constitúe a principal vía de comunicación polo suroeste da provincia con Ourense e se atopa nun estado terceiromundista”.
Dende o PP lucense explican que “a falta de avances é o que desprende das respostas do Goberno ás preguntas dos senadores sobre as previsións para a posta en funcionamento destas autovías. Sobre a A-54, non foi capaz de dicir unha data para a súa posta en funcionamento e os lucenses seguiremos sen saber cando disporemos desta autovía con Santiago. E no caso da A-56, entre Lugo e Ourense, o mesmo: non hai ningún tipo de previsión”.
Os populares lamentaron tamén que “Sánchez estivera en Lugo, pero non ten no seu discurso – nin sequera sendo en clave electoral- as prioridades que temos os lucenses” e isto denota “falta de compromiso por parte do Goberno de Sánchez e dos que o apoian, como é o BNG que é cómplice necesario desta situación”.
A nº1 da candidatura do PP lucense e presidenta da formación popular, Elena Candia, foi moi crítica co presidente do Goberno porque “non dixo absolutamente nada das infraestruturas viarias que se atopan nun estado lamentable que pon en perigo ás persoas que a diario discorremos por elas”. Pero tamén polo seu “silencio inxustificado sobre a chegada da alta velocidade, por non dicir nada sobre o compromiso trasladado ao presidente da Xunta sobre o apoio a Altri nin comprometer o estatuto das electrointensivas que podería garantir un prezo da electricidade competitivo e, por conseguinte, contribuiría a garantir a continuidade dos postos de traballo”.
A popular considera que “este modelo de políticas que desprezan a Galicia non pode trasladarse á Xunta” porque “os lucenses e galegos merecemos infraestruturas, servizos e unha administración que xestione, responda e leve a cabo os proxectos que necesita a nosa provincia e a nosa comunidade autónoma”. Nesa liña, cren que “a propaganda do PSOE e do BNG non aporta nada a Lugo nin a Galicia, que o que precisa son feitos”.
PROXECTOS INNOVADORES E DE CORTE SOCIAL
Membros da candidatura do PP lucense visitaron as instalacións da planta de fabricación de astillas para calefacción da asociación Prodeme, en Monforte de Lemos, onde reivindicaron “a implantación de proxectos innovadores na provincia como fonte de oportunidades”. E, concretamente neste caso, subliñaron que “é posible que a innovación industrial vaia da man da integración social e dende o Partido Popular queremos seguir traballando de forma transversal polo desenvolvemento da nosa provincia e a xeración de oportunidades para todos e todas”.
O Centro Ocupacional de Prodeme está a permitir o desenvolvemento dun traballo moi relevante para a inserción social e laboral de persoas con capacidades diferentes. Unha obra social esta institución estende a outras actividades vinculadas ao sector agrario, a construción ou a recollida de aceites vexetais.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



