NOTA DE PRENSA
Os populares lamentan o cambio de opinión do bipartito que agora xa non está a favor do rescate, conservación e posta en valor dos restos arqueolóxicos aparecidos en San Ciprián
SOCIALISTAS E NACIONALISTAS AVALAN A CONSTRUCIÓN DE VARIOS EDIFICIOS QUE SEPULTARÁN BAIXO OS SEUS CIMENTOS O CASTRO DA ATALAIA
* Os deputados do PSOE e do BNG votan en contra dunha proposición non de lei dos populares a través da que reclamaban que se o valor destes restos arqueolóxicos así o xustificaban e se consideraba que había que protexelos, a xuízo dos expertos, a Consellería de Cultura debe proceder á adquisición dos terreos sobre os que se asenta o xacemento.
* Balseiro Orol acusa de “cinismo e hipocrisía política” aos deputados do bipartito e, de xeito especial, aos parlamentarios do BNG porque “enganaron aos veciños facéndolles crer que estaban a favor da protección deste castro, cando é evidente que non é así”
* Nas súas intervencións os deputados do PSOE e BNG pretenderon crear unha cortina de fume coa que ocultar o seu voto en contra da iniciativa do PP. Falaron da controversia urbanística pero non explicaron que as licenzas para a construción dos edificios outorgouse con anterioridade ao inventariado do castro, non explicaron por que a Consellería de Cultura permite hoxe a continuidade das obras, e esquécense que a protección do patrimonio cultural é, segundo o Estatuto de Autonomía, competencia exclusiva da Xunta de Galicia.
Cervo, 19 de novembro de 2008.- Socialistas e nacionalistas avalaron no dia de hoxe co seu voto que o xacemento arqueolóxico Punta Atalaia de San Ciprián no que, segundo parece, existen restos dun poboado castrexo datados nos séculos I e II d.C. poidan ser irremediablemente sepultados baixo os cimentos dun novo edificio que se construirá nestes terreos. No seo da Comisión de Cultura do Parlamento de Galicia os deputados do PSOE e máis do BNG rexeitaron unha iniciativa do Grupo Popular coa que demandaban que, se o valor do castro da Atalaia así o xustificaba e se consideraba que había que protexelos, a xuízo dos expertos, o departamento autonómico de Cultura, que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo procedera á compra destes terreos e á recuperación, preservación e posta en valor dos devanditos restos arqueolóxicos.
HIPOCRESÍA E CINISMO POLÍTICO
En opinión do deputado popular, Jose Manuel Balseiro Orol, autor desta iniciativa, a posición do bipartito evidencia “a hipocrisía e o cinismo político co que teñen actuado socialistas e, de xeito especial, os nacionalistas en relación con este tema”. Segundo Balseiro Orol “teñen enganado aos veciños dun xeito deliberado e continuado: primeiro nos contaban que estaban a favor da protección do castro da Atalaia e despois, votan en contra dunha iniciativa que tiña por obxecto adquirir eses terreos e facelos de titularidade pública”
CORTIÑA DE FUME
Para o PP socialistas e nacionalistas intentaron establecer un cortiña de fume ao longo das súas intervencións desvirtuando o obxecto da iniciativa e centrándose na controversia urbanística que afecta a estes terreos. “Pretendían -ao parecer do deputado popular- evitar explicar o importante, isto é, que teñen pensado facer desde a Consellería de Cultura co amparo dos grupos políticos que sustentan ao actual Goberno da Xunta, para recuperar estas pegadas da historia e do noso patrimonio, no caso de que os expertos entendan que deban ser obxecto de protección”.
OBSTÁCULOS DA XUNTA
Por outra banda o deputado popular criticou “os continuos obstáculos” que desde a Consellería de Cultura están a poñer ao Grupo Popular para que poida ter acceso a todos os datos e trámites relativos á aparición do castro. Así por exemplo, a Consellería de Cultura non deu traslado do expediente iniciado co achado dos restos arqueolóxicos ao PPdeG pese a telos demandado a través do procedemento legalmente establecido. Tampouco accederon a comparecer no Parlamento de Galicia para ofrecer as explicacións oportunas a propia Ánxela Bugallo, conselleira nacionalista titular do departamento autonómico de Cultura, nin o director xeral de Patrimonio Cultural. Ambos os dous, por certo, non mantiveron tampouco a día de hoxe unha xuntanza co Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, pese a que o rexedor municipal así o solicitou reiteradamente.
A XUNTA COMPETENTE NA PROTECCIÓN DO PATRIMONIO
Balseiro Orol recordou tamén que a competencia en materia de protección e preservación do patrimonio cultural é exclusiva da Xunta de Galicia, segundo o establecido no Estatuto de Autonomía e polo tanto, que corresponde á Consellería de Cultura desenvolver as xestións oportunas para, no seu caso, “determinar o que debe facerse respecto destes achados arqueolóxicos”. A día de hoxe e, segundo as informacións das que temos constancia, “o departamento nacionalista de Cultura esta a permitir a continuidade das obras e, polo tanto, autoriza que se sigan a construír os edificios que sepultarán sobre os seus cimentos os restos do castro.”
DECISIÓN DOS EXPERTOS
Os populares non se pronuncian sobre si a actuación correcta é paralizar ou non as obras de construción do edificio pois, a este respecto, “debe ser unha decisión que se adopte a xuíz da valoración dos expertos e, neste caso, dos técnicos da Consellería de Cultura encargados de facer o estudo dos restos alí localizados”.
En todo caso, o que si adiantan desde a formación popular é a incongruencia da posición actual dos nacionalistas que, “ou ben, estiveron contando unha gran mentira a todos os veciños cando falaron do importante valor do castro e, polo tanto, teñen agora que pedir perdón polo posicionamento adoptado no día de hoxe no Parlamento ou ben, teñen que explicar cal é o motivo polo que Cultura, que é unha consellería da súa competencia, continúa a permitir a construción dos futuros edificios. Pero ambas cousas á vez non é posible”.
LABAZADA AOS COLECTIVOS QUE DEFENDEN A PROTECIÓN DO CASTRO
Por outra banda, Balseiro Orol emprazou aos colectivos Mariñapatrimonio, Adega ou Lugopatrimonio, así como ao resto das entidades que, se teñen caracterizado pola seu interese respecto destes restos arqueolóxicos para que valoren a negativa do bipartito a aprobar unha iniciativa “que tan só buscaba facer aquilo que os expertos entenderan conveniente realizar cos restos alí atopados”.
Ao mesmo tempo, Balseiro Orol subliñou o feito de que o deputado nacionalista Manuel Parga “non se atrevera” a posicionar ao seu grupo en relación coa iniciativa do PPdeG -pois foi outro deputado do BNG, neste caso de Vigo quen tivo que defender a posición dos nacionalistas- e atribuíu este feito a que xa no seu día, o Sr Parga non foi capaz de demostrar as moitas críticas que fixo contra os populares e contra o Concello de Cervo e quixo evitar que lle lembrásemos a súa falta de autoridade para falar de aquilo que non pode demostrar.
DEIXADEZ DE FUNCIÓNS DA CONSELLERÍA DE CULTURA
Como dato final de importancia os populares lembraron que xa no 2005 a Consellería de Cultura tiña constancia da posible existencia dos restos arqueolóxicos pero non foi ata abril de 2007 cando incluíron no inventario de xacementos de Galicia os restos aparecidos na zona da Atalaia de San Ciprián. “Isto é, día despois, non antes, de que o Concello de Cervo concedera as licenzas autorizando a construción dos edificios. Ademais subliño o feito de que “hoxe continúa as obras co beneplácito da Consellería de Cultura, polo que, en conclusión, é evidente que estamos ante un suposto de, polo menos, deixadez de funcións por parte do departamento que dirixe a nacionalista Ánxela Bugallo”.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



