O certame, cuxo prazo de inscrición será anunciado proximamente, estará aberto á rapazada de entre 12 e 30 anos, admitindo traballos artístico de calquera tipo sobre a temática sinalada
Burela, 14 de febreiro de 2024. O Concello de Burela anuncia o seu I Concurso sobre actitudes positivas nas relacións, cuxas bases serán publicadas proximamente.
O certame estará aberto a rapazas e rapaces entre 12 e 30 anos, que poderán presentar un traballo artístico de calquera tipo sobre a temática sinalada. Valorarase tanto o contido como o tratamento do tema, así como a orixinalidade e a expresión.
“Aínda que aproveitamos o día de San Valentín para anuncialo, cremos que o amor ten moitas formas e nada ten que ver co mito do amor romántico”, explica o concelleiro de Mocidade e Educación e primeiro tenente de alcaldesa Mario Pillado.
O obxectivo do certame, explica o edil, é “que a xente moza nos dea unha idea do que deberan ser para eles e elas as relacións, xa sexan de parella, amizade, familiares ou mesmo cos seus maiores”.
A iniciativa municipal parte tanto da área de Mocidade, a cargo de Pillado, como da de Igualdade, a cargo da concelleira Sandra Fernández.
“Dámoslle moita importancia ás relacións de afectividade e a fomentar entre a nosa mocidade que estas se establezan en pé de igualdade, tanto nas parellas como nas amizades ou nas familias, para que tamén lles dean a todas elas a importancia e o valor que merecen no seu día a día” sinala Mario Pillado.
O concelleiro destaca que “dende as áreas de Mocidade e Igualdade cremos que pode ser moi enriquecedor para as rapazas e os rapaces traballar neste eido”. “Ademais, o formato do concurso é libre, e nos seus traballos os participantes poden empregar a expresión artística que desexen”, engade.
“O que pretendemos deste xeito é dar cabida á participación de toda a mocidade da vila para que amosen as súas inquedanzas neste tema, sexa cun debuxo, un texto, un audio, un video, un deseño gráfico, do xeito que queiran e poidan presentar ó concurso”, explica Pillado.
“Agardamos que a iniciativa sexa do agrado da mocidade de Burela e que teña unha gran participación”, conclúe o edil.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



