“Este domingo votar ao BNG é rematar con 15 anos de recortes e esquecementos da Xunta de Galiza, un goberno do BNG traballará para todas as galegas e galegos”, declarou Rodil
Lugo, 16 de febreiro de 2024. A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, pediu o voto ás persoas “indecisas e desencantadas con 15 anos de goberno do PP, un goberno que non mellorou a vida das galegas e galegos”. Rodil dixo que “para cambiar o rumbo do País precisamos precisamos o apoio de todas as galegas e galegos, transformar en votos todo o apoio recibido ao longo destas dúas semanas”. “Nestas dúas semanas de campaña demostramos que somos a única proposta que pode dar a volta os 15 anos de recortes do Partido Popular”, dixo Olalla Rodil, quen pediu o voto para o BNG “a todas as persoas que durante esta campaña viron no proxecto do BNG, con Ana Pontón á fronte, un proxecto serio, válido e ilusionante”.
“Non se trata só de botar ao Partido Popular, o BNG demostra onde goberna que sempre beneficia ás persoas, a toda a veciñanza”, afirmou Olalla Rodil, que pediu o voto “de todos os galegos e galegas, independentemente do que votaran con anterioridade para levar adiante un proxecto capaz de sacar Galiza adiante”. Segundo Olalla Rodi, “o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de forzas estatais”.
A cabeza de lista por Lugo defendeu que o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza. “O domingo é o momento de apostalo todo ao BNG, abriremos un tempo novo para que Galiza empece a gañar” declarou Rodil.




















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



