Foz, 24 de febreiro de 2024. O Concello de Foz traballa de forma activa na mellora do abastecemento de Cordido. Dado que os parámetros da auga da traída nesta parroquia seguen sen estar dentro dos límites establecidos, o Concello de Foz, a través da actual concesionaria Gestagua comeza hoxe, sábado día 24 de febreiro, unha obra de emerxencia para conectar a rede de Cordido coa rede de abastecemento de Cangas. Deste xeito o Concello de Foz subministrará a Cordido auga potabilizada na ETAP de Fazouro e así poderase eliminar a recomendación de non usar a auga para beber ou cociñar.
O alcalde, Fran Cajoto, explica: “vimos a necesidade urxente de dar unha solución aos veciños de Cordido, por iso comezamos as obras este sábado. Un subministro alternativo a Cordido desde a potabilizadora de Fazouro vainos permitir subministrar auga para que os veciños a poidan consumir con total tranquilidade e sen ningún tipo de recomendación e tamén xestionar mellor a rede ante casos coma este”.
Fran Cajoto anuncia tamén que onte, venres, o Concello de Foz recibiu de Augas de Galicia a legalización da captación de Cordido. “Con esta concesión queda pendente unicamente que a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia dea o visto bo para que o Plan Xeral de Ordenación de Foz se aprobe de forma completa. As veciñas e veciños de Cordido levan seis anos agardando para poder construír unha vivenda: xa é hora de que se resolva este bloqueo administrativo e poidan ter os seus dereitos garantidos como o resto de veciños de Foz”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



