Ribadeo, 24 de febreiro de 2024. O vindeiro 31 de marzo partirá de Ribadeo a terceira edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela.
Serán un total de 277 quilómetros, divididos en 13 etapas duns 23 quilómetros entre Ribadeo e Neda, onde concluirán o 23 de xuño.
Manuel Vicente, presidente da asociación organizadora, comentou que “con esta acción nos proponemos el objetivo de promoción, divulgación del Camino del Mar y al mismo tiempo el conocimiento de por dónde discurría la antigua vía de peregrinación que atravesaba los ayuntamientos de: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón y Neda bautizada con el nombre: El Camino del Mar. Una vez llegado a Neda, conectaremos con el Camino Inglés hasta llegar a Santiago de Compostela. Participar posibilita disfrutar del conocimiento de un antiguo Camino, al mismo tiempo de conocer distintos lugares de los ayuntamientos que conforman el Camino del Mar y la historia propia de la peregrinación por nuestras comarcas”.
E engadiu: “todos aquellos participantes llevarán credenciales y al finalizar el Camino obtendrán la Compostela, en Santiago, para ello iremos sellando en cada uno de los ayuntamientos por los que discurre el Camino del Mar, realizando dos sellos en cada etapa, uno de salida y otro de llegada. Informar también que este año la inscripción tendrá un cupo limitado de participación, por ello animamos a los interesados que lo realicen en la mayor brevedad posible y así asegurarse su participación”.
O enlace para inscribirse é o seguinte:
https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2024/concello-a-concello-2024
A presentación desta nova edición de O Camiño do Mar Concello a Concello tivo lugar no Pazo de Ibáñez. Na mesma participaron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o presidente da asociación Amigos del Camiño del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente.
A edil de Turismo destacou que “Ribadeo é a porta norte de entrada a Galicia, por aquí pasan ano tras ano centos de camiñantes rumbo a Compostela, que empreguen a ruta do Camiño do Mar ou o Camiño Norte. Estamos encantados de recibilos a todos eles, aos que pasan por aquí rumbo a Compostela ou aos que nos elixen como punto de partida para iniciar estas peregrinacións. O 31 de marzo estaremos xunto a esta asociación para desexarlles bo camiño e para facer con eles un treito do Camiño do Mar”.
Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “un ano máis Acisa seguirá a ser punto de selado e facilitador das credenciais do peregrino a aquelas persoas que realicen a súa ruta a Santiago a través do Camiño do Mar. Na nosa asociación seguimos a traballar e colaborar con todas aquelas iniciativas que promoven a chegada de máis camiñantes, de máis viaxeiros, de máis turistas a Ribadeo, porque iso redundará de xeito positivo nos negocios locais (hoteis, albergues, bares, restaurantes, comercios…) e na economía local”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


