O Pleno aprobou, cos votos en contra do PP, a proposta socialista para que o Executivo galego reverta a súa política de recortes “que durante estes anos veñen minguando os cadros de persoal nestes servizos públicos, de xeito especial no rural”
Lugo, 27 de febreiro de 2024. A Deputación de Lugo esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin temporalidade na sanidade e na educación, que se disparou nos últimos anos e que segundo os datos do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública con máis de 80.000 contratos precarios entre ambos servizos. Así se acordou no Pleno deste martes tras unha moción do PsdeG que contou cos votos a favor dos socialistas e do BNG e co voto en contra do PP.
Destacou o Presidente, José Tomé Roca, antes de entrar na sesión provincial, que a Xunta de Galicia “incumpre” coa Lei de Estabilización posta en marcha polo Goberno socialista de Pedro Sánchez e destacou a sentencia que vén de ditar o Tribunal de Xustiza da Unión Europea neste sentido. “Na Deputación temos todo en marcha, estabilizando ao persoal en función dos anos de antigüidade. Na Xunta non é así”, insistiu.
“Somos a terceira comunidade con peor ratio de médicos por habitante, a terceira con peor ratio de persoal de enfermería e a que peor ratio ten de profesionais por paciente en areas como a saúde mental”, lamentou a Voceira socialista, Pilar García Porto.
García Porto expuxo que de acordo cos datos do Ministerio, en xaneiro do ano 2012, os contratos temporais no ensino non universitario foron 34.521 que se converteron na actualidade en 37.587, “co que nunha década a contratación temporal en educación incrementouse case nun 9%”. Unha suba “aínda máis notable no eido da Sanidade Pública”, que tal e como explicou a Voceira socialista pasou dos 33.798 contratos temporais no 2012 aos 43.217, o que supuxo unha subida da temporalidade de preto dun 30%.
Sinalou a Voceira socialista “a necesidade de reducir a temporalidade na contratación como xeito de garantir a carreira profesional e fortalecer a calidade dos nosos servizos públicos”, destacando que as reducións dos cadros de persoal e a temporalidade “afectan de xeito especial ao mundo rural, ante a incapacidade da Xunta de Galicia de desenvolver políticas transversais que combinen salarios dignos, carga de traballo axeitada e incentivos para favorecer o asentamento profesional no rural”.
Ademais das medidas urxentes para reducir a temporalidade, a Deputación de Lugo tamén lle esixirá á Xunta de Galicia medidas que revertan a política de recortes que durante estes anos veñen minguando os cadros de persoal na sanidade e na educación, de xeito especial no rural; o deseño dun novo modelo de carreira profesional, nomeadamente na Sanidade, que rache coa tendencia actual que leva a moitos profesionais a renunciar ás prazas que obteñen, por non querer desenvolvelas nas condicións que fixa o Sergas; e a apertura de canles de diálogo coa FEGAMP, as Deputacións e os Concellos para desenvolver de xeito conxunto políticas transversais que favorezan a creación de emprego no rural e o atractivo do rural como destino para os funcionarios públicos.


















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



