Daniel García animou á comunidade educativa a participar no programa, que financia visitas e obradoiros con 34 granxas e producións agroalimentarias
Lugo, 8 de marzo de 2024. Este venres publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva do programa “Da Escola á Granxa” de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que organiza visitas escolares a granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.
Trátase da terceira edición do programa que ten como obxectivo poñer en valor o traballo de gandeiras e agricultores, destacando o seu papel fundamental na produción de alimentos e no mantemento do territorio e a biodiversidade.
A convocatoria está aberta a asociacións de nais e pais de centros de educación infantil e primaria, que recibirán achegas entre os 300 e os 900 euros para financiar o custo da actividade e o desprazamento ata as granxas e producións agroalimentarias que participan no programa, que un ano máis ampliou e renovou a súa oferta educativa, da que forman parte 34 iniciativas, 8 delas novas respecto á ultima edición, con activiades diversas, desde a produción de froita e produtos da horta, ata a cría de gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou envasado de produtos autóctonos.
O deputado de Rural Daniel García animou “á comunidade educativa a participar no programa, que ampliamos en orzamento e en granxas participantes, para ofrecer a nenas e nenos máis oportunidades de achegarse á actividade agrogandeira” e destacou que “as granxas participantes son o reflexo da potencialidade do rural da provincia de Lugo, expoñentes dunha enorme capacidade de traballo e de modelos sostibles de desenvolvemento rural, que merecen o recoñecemento de toda a sociedade”.
As anpas teñen ata o 9 de abril, incluido, para realizar as visitas, que terán que realizarse ao longo do ano 2024. O programa conta nesta edición cun orzamento de 100.000 euros, 20.000 máis que na úlitma edición.
Granxas Participantes
As granxas que se incorporan ao programa este ano son gandeiría de ovino de Ana Pérez Boo, en Abadín, a gandería de vacún de leite Mantoño, en Barreiros, a produción apícola O Trobo, no Valadouro, a granxa de porco celta en extensivo Porco Celta de Outeiro, en Castro de Rei, a gandería de vacún autóctono e ecolóxico de Lois Varela Carreira, en Palas de Rei, a granxa de porco celta e horticultura Froitos da Horta A Ruliña, en Carballedo, a queixería e produción de vacún de leite Puluán en Monforte e a gandaría de angus Granxa Angus do Campo, en Castroverde.
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas nas pasadas edicións: Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, A Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Avicava Natur SC (cabrún e vacún en extensivo) de Guntín, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Casa Labradela (porco celta, mel e vacún cabalar) de Xove, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandeíra Quintián (queixaría e vacún de leite) do Páramo, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, SAT Lodos e Pérez (vacún leiteiro en extensivo) da Pastoriza, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol. Tamén se suma á oferta educativa Tropic Gaia e ADEGA, que farán obradoiros de horta e de educación ambiental nos propios centros.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



