Nota de Prensa
A FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN PON EN MARCHA EN CERVO UNHA ACCIÓN FORMATIVA DE ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA DESTINADO A EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES
* Este programa de formación ten como obxectivo favorecer ou mellorar a inserción laboral destes dous colectivos
Cervo, 5 de outubro de 2010.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, anunciou hoxe que o vindeiro venres, día 8 de outubro, abrirase nas oficinas municipais o prazo de inscrición da acción formativa de Alfabetización Informática que organiza a Fundación Galicia Emigración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Cervo e que terá lugar na Casa da Cultura de San Ciprián do 28 de outubro ao 4 de novembro.
A asistencia ao curso está subvencionada e o seu contido vai dirixido a inmigrantes e emigrantes retornados. Ten por obxecto facilitar unha capacitación básica aos participantes, co obxectivo de que poidan comezar a moverse no mundo das novas tecnoloxías e, deste xeito, poder acceder a máis información e desenvolver así os seus coñecementos orientados a promover a súa integración nos diferentes eidos da sociedade galega.
O prazo de inscrición para participar neste curso rematará o vindeiro día 22 de outubro. O número de prazas é de 15 e os interesados en participar deberán cumprimentar a súa ficha de inscrición na casa do Concello ou na Casa da Cultura de San Ciprián axuntando a autorización para residir en España no caso de ser inmigrante. Os emigrantes retornados deberán axuntar fotocopia do DNI e documento que acredite a súa condición de emigrante retornado (certificado de emigrante retomado ou baixa consular), non podendo transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retomo a España e o inicio deste Programa Formativo.
O rexedor cervense salientou a importancia que ten para o Concello a organización en colaboración con diversas institucións e administracións este tipo de accións formativas “porque con elas o que pretendemos dende a administración local é poñer tódolos medios que temos ao noso alcance para a formación e información dos nosos cidadáns”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



