O servizo de Paq Mochila, co que os carteiros transportan diariamente a equipaxe dos peregrinos, volve estar dispoñible a partir de mañá
Ribadeo, 15 de marzo de 2024. Correos volve poñer en marcha a partir de mañá no Camiño do Norte ao seu paso por Ribadeo o seu servizo Paq Mochila, para o transporte de mochilas e maletas dun aloxamento a outro. O servizo, que permite aos peregrinos camiñar sen cargar a súa equipaxe, estará dispoñible nos principais Roteiros do Camiño de Santiago.
Ademais do Camiño do Norte desde Irún, o servizo de traslado de equipaxes estará dispoñible no Camiño Francés desde Roncesvalles e Somport, no Camiño Portugués desde Tui e A Guarda –incluída a Variante Espiritual-, no Camiño Primitivo desde Oviedo, no Camiño Inglés desde Ferrol, no Camiño de Inverno desde Ponferrada, na Vía da Prata-Camiño Sanabrés desde Ourense e no Camiño a Fisterra e Muxía.
O funcionamento do Paq Mochila é moi sinxelo. O carteiro pasará a partir das 8:00 da mañá para recoller a equipaxe dos peregrinos que solicitasen este servizo no aloxamento indicado e deixarao no seguinte antes das 14:30 horas. O Paq Mochila pode contratarse na web www.paqmochila.com a través dun sinxelo formulario dispoñible en nove idiomas.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


