En Lugo, tres de cada catro centros educativos solicitaron charlas do Plan Director, destacando a preocupación pola ciberseguridade, as adiccións, o acoso e ciberacoso e a violencia contra as mulleres
Vilalba, 7 de marzo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu esta mañá xunto co Director de Alta Inspección de Educación, Xosé Lois García Carballido, a Comisión Provincial de Seguimento do Plan Director que o Ministerio do Interior desenvolve desde hai más dunha década para mellorar a seguridade e a convivencia nos centros educativos. A reunión de seguimento contou ademais coa participación das persoas responsables das unidades especializadas da Policía Nacional e a Garda Civil, que se encargan de coordinar as actividades de formación na provincia, a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación, a xefa territorial de Educación e a inspectora de Educación da Xunta de Galicia.
Isabel Rodríguez celebrou a consolidación e continuidade do Plan Director “cunha pegada moi positiva na comunidade educativa da provincia”, recoñecemento expresamente “o labor dos axentes-docentes pola calidade e compromiso das accións realizadas, cunha magnífica colaboración entre as forzas de seguridade e os centros educativos”.
A subdelegada subliñou o traballo realizado na provincia de Lugo polos equipos especializados tanto da Policía Nacional como da Garda Civil, que desenvolveron 586 actividades de formación e prevención nas que participaron máis de 24.000 persoas, das que preto de 22.000 foron menores, 1.300 profesores e profesoras e case 1.300 membros das familias.
Temáticas
Os temas máis solicitados polos centros de ensinanza foron, en primeiro lugar, a ciberseguridade, especialmente a protección de nenos e nenas nas redes sociais, seguidas das charlas sobre acoso ou ciberacoso escolar. As adiccións a drogas, xogo ou tecnoloxía e as violencias machistas ocupan, respectivamente, a terceira e cuarta posición entre as máis solicitadas.
Segundo afirmou a subdelegada do Goberno, “desde o Goberno incrementáronse as materias e actividades para adaptarnos constantemente ás demandas sociais debido á existencia de novas necesidades en materia de seguridade entre os escolares, derivadas da sociedade cambiante”.
Consolidación e aumento da demanda
En Lugo, tres de cada catro centros educativos solicitaron charlas de sensibilización dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade no 2023. En termos porcentuais, solicitaron formación o 76% dos centros, participando no plan un total de 164.
Respecto ao ano anterior, o número de alumnado participante aumentou nun 31%, o profesorado nun 34% e cómpre destacar o número de pais, nais e familia asistentes a charlas, que incrementou nun 200%.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



