DEZAOITO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPARÁN DESDE MAÑÁ E ATA O DOMINGO EN BURELA NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO POLBO QUE ORGANIZA A CONCELLARÍA DO MAR.
Burela, 7 de outubro de 2010. Un total de 18 establecementos hostaleiros participarán desde mañá nas xornadas gastronómicas do polbo que organiza a Concellaría do Mar.
A edil Remedios López asegura que “nestes tres anos desde o meu departamento adquirimos o compromiso de promover os produtos que se venden no noso peirao e por iso ao longo do ano facemos diversas xornadas coma as da pescada, o bonito, o ourizo do mar, o peixe espada e nesta ocasión as do polbo de roca”.
O prezo da ración será de 8 euros para o polbo á feira e despois haberao preparado de diversas formas como á brasa, ao allo, en guiso e salpicón ou con ameixas. Nestes casos cada restaurante porá o prezo “segundo o tempo de elaboración”. Os establecementos participantes son: bar Raio, restaurante Lucer, Palacio de Cristal, mesón Carlos, mesón Hamilton, restaurante Os Remos, A Marquesa, mesón Don Jamón, restaurante Sargo, bar Trisquel, cervexería A Bodeguilla, bar Pena Orxal, Parrillada de Jandro, bar Facenda, cervexería Kiko, Casa Miranda, hotel Galatea e bar da Costa.
Remedios López sinala que “a data elexida para as xornadas que serán do 8 ao 10 de outubro pensóuse para facelas coincidir coa ponte do Pilar, son días nos que a xente sae máis da casa e nos que agardamos que a Burela veñan máis turistas do habitual. Será unha boa ocasión para disfrutar e coñecer a nosa gastronomía”.
O Concello sorteará unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes participantes entre todos os que acudan ás xornadas e depositen as súas papeletas nas urnas que atoparán nos establecementos hostaleiros. O sorteo faráse o mércores 13 de outubro.
A concelleira do Mar engade que “ademáis cada restaurante levará unha degustación de polbo, que non poderá coincidir coa de ningún outro hostaleiro, o domingo 10 de outubro ao Concello entre ás 10 da mañá e as dúas da tarde, e tamén terán que levar a receita escrita. O que imos facer no salón fotográfico habilitado é retratar as receitas e elaborar un novo libro de Os sabores do noso mar adicado nesta ocasión ao polbo de roca e despois imos distribuilo de xeito gratuito entre os hosteleiros participantes”.
Remedios López agradece “a inestimable colaboración dos hostaleiros, que xa toman coma súa esta iniciativa, a de difundir os nosos peixes e a nosa gastronomía. Quero mencionar tamén a algún armador, que compartindo connosco o seu saber sobre a pesca desta especie, nos permite das pinceladas curiosas do cefalópodo agasallado nesta ocasión. Desexo tamén que as receitas preparadas sexan do agrado de todos”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



