Levaranse a cabo actuacións en 10kms de vías municipais que chegarán a todas as parroquias e suman máis de 430.000 euros de investimento
Barreiros, 3 de abril de 2024. O Concello de Barreiros dá inicio aos traballos de mellora na rede viaria municipal para este 2024. Segundo a planificación elaborada polo goberno municipal, investirase un total de 433.139,71 euros en arranxar preto de 10 quilómetros de vías municipais; das que un terzo das mesmas serán tratadas con aglomerado en quente.
“Trátanse de actuacións planificadas para ir mallando os distintos núcleos de poboación e as estradas de comunicación entre eles, escollendo os distintos tratamentos en función das características da vía e do uso da mesma”, explica a alcaldesa, Ana Ermida.
As actuación enmárcanse en tres plans diferentes, polo que as execucións dos mesmos non serán no mesmo momento. “Así agora mesmo xa se comezaron os traballos de preparación dos viais correspondentes ao Plan de Rehabilitación de camiños de zonas de Concentración, que comprenden camiños en Benquerencia, Vilamartín Grande e San Xusto”, informou Antonio Veiga, concelleiro de obras.
As obras relativas ao Plan Marco de AGADER e ao Plan Único da Deputación están iniciando os procesos administrativos de contratación, polo que a execución das mesmas estenderase durante o ano.
Segundo explican desde o goberno local, “unha vez finalizadas estas obras, durante o 2024, terase actuado nun total de 24 viarios municipais nos que, ademais de mellorar a capa de rodadura, nalgúns casos levarán traballos complementarios como gabias, cunetas formigonadas e sumidoiros. En todos eles contémplase tamén a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que deterioren o pavimento”.
Os viais sobre os que se realizarán actuacións son os seguintes:
ACCESOS A PICOTA (BENQUERENCIA)
ACCESOS AS BRAÑAS (BENQUERENCIA)
AS CAMBAS (VILAMARTÍN GRANDE)
LU-133 – LADRIDO (SAN XUSTO)
ACCESO AOS DEPÓSITOS (VILAMARTÍN GRANDE)
ACCESO A NOVÁS (SAN XUSTO)
ACCESO CALZADA-IGREXA (SAN XUSTO)
ACCESO CARBALLO BLANCO-MASMA (CELEIRO)
ACCESO ESCOLAS CELEIRO DE MARIÑAOS (CELEIRO)
ACCESO A O CABO – (CABARCOS)
ACCESO EN O COUTO – (CABARCOS)
ACCESO EN O COUTO-2 – (CABARCOS)
ACCESO A PEDREIRA – (CABARCOS)
ACCESO VAL DO CAÍNZO-IBIA – (SAN XUSTO)
ACCESO VAL DO CAÍNZO – (SAN XUSTO)
ACCESO A PUMARÍN – (SAN MIGUEL)
ACCESO A CASALDEITE – (SAN MIGUEL)
ACCESO OS PEDREGÁS – (BENQUERENCIA)
ACCESO A CARBALLO BLANCO-2 – (CELEIRO)
DRENAXE ACCESO REINANTE – (REINANTE)
ACCESO TALLER- CABANA DA VELLA – (VILAMARTÍN PEQUENO)
ACCESO A REGUEIRA – (SAN XUSTO)
ACCESO A ALDEA – (SAN XUSTO)
ACCESO EN VILAR – (SAN COSME)






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



