A Consellería do Mar participará este ano nunha nova edición de Expomar en Mindelo cun stand e empresas coexpositoras na que será a décima presencia nesta feira
Burela, 7 de abril de 2024. O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, participou hoxe na recepción no concello de Burela á comitiva encabezada polo presidente da República de Cabo Verde, José María Pereira Neves, e á que seguiron unha visita ao Barco Museo Reina del Carmen na dársena desta localidade para, despois dun almorzo de traballo, realizar un percorrido polas instalacións portuarias da man de ABSA (Armadores de Burela SA) e manter un encontro coa comunidade caboverdiana.
No acto de benvida o representante da Xunta agradeceu a visita do mandatario caboverdiano e puxo en valor as relacións en materia pesqueira entre o país africano e Galicia, dada a posición estratéxica deste arquipélago no Atlántico central, preto dos caladoiros de Senegal e Mauritania e a medio camiño entre España e as illas Malvinas, Arxentina e Namibia. Nas súas augas, en virtude do acordo pesqueiro coa UE, faenan barcos de armadores e capital galegos, especialmente palangreiros de superficie.
Tamén destacou o titular de Mar a presenza de empresas galegas como A Poutada en Mindelo ou a planta frigorífica de Atunlo en Porto Grande, así como a celebración da feira Expomar na capital caboverdiana, especialmente relevante para estreitar os vínculos comerciais. Este ano celebra a súa undécima edición no mes de novembro e volverá a contar coa xa tradicional presenza do stand da Consellería do Mar que acollerá a distintas empresas galegas coexpositoras, cumprindo así a súa décima participación nesta cita.
Alfonso Villares enxalzou tamén o relevante papel que xoga a colonia de caboverdianos asentada na Mariña, pois tras un vínculo que suma xa catro décadas son parte fundamental tanto do tecido social como do económico. Resultan esenciais para o sector pesqueiro nas tripulacións dos buques con porto base en Burela, especialmente nos dedicados ao palangre de superficie, e xa non so como mariñeiros, tamén grazas á formación como membros dos cadros de mando dos buques.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



