Celebrarase do 26 ao 29 de xuño con 89 bandas nun dos carteis máis “grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España”
Lugo, 19 de abril de 2024. A Deputación de Lugo apoia, un ano máis, a celebración do Resurrection Fest de Viveiro cunha aportación económica de 150.000€. Así o anunciou a Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, quen informou de que a colaboración se materializa a través dun convenio co Concello viveirense aprobado este venres na Xunta de Goberno para “contribuír á promoción dun festival de referencia a nivel internacional que chega á súa 19ª edición”.
“Na Deputación de Lugo temos claro que este é un evento musical de éxito feito a si mesmo, un exemplo do que unha iniciativa dun grupo de afeccionados pode conseguir co respaldo intelixente do Concello e do conxunto das administracións públicas, e o máis importante, da xente”, asegurou García Porto. Así mesmo, explicou que é “un evento que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos na Deputación. Vivir experiencias, desfrutar da música e compartir momentos únicos con xente de todo o mundo nun enclave espectacular como é a comarca da Mariña”.
Nas súas palabras, a Deputada evidenciou que o festival conta cunha alta calidade musical e xera un retorno “moi importante”. Así, os datos das últimas edicións do Resu revelan que, de cada 10 euros investidos no festival, 4 quédanse na industria da música, mentres outros 6 quedan na contorna. Desta forma, xuntando o impacto socioeconómico e a promoción mediática, o retorno do Resurrection Fest sitúase nuns 25 millóns de euros para a comarca da Mariña.
O programa
Os vindeiros días 26, 27, 28 e 29 de xuño “volverá a poñerse no mapa mundial Viveiro, A Mariña e o conxunto da provincia de Lugo grazas ó Resurrection Fest, que este ano reunirá a 89 bandas nun dos carteis máis grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España”, subliñou a Voceira socialista do Goberno.
Este ano o Resurrection Fest contará con bandas como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Sum 4, Machine Head, Megadeth, Bad Omens, Babymetal, Electric Callboy, Acept, Fear Factory, Delain, Sôber, Finntroll, Crystal Lake, Biohazard, Comeback Kid, Cromags, Bob Vylan, Lendakaris Muertos ou Graveyard. Pódese consultar a información completa desta edición na súa páxina web: www.resurrectionfest.es





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



