O prazo para anotarse no evento, para o que xa hai máis de 400 persoas inscritas, remata este mércores, día 24 de abril
Burela, 22 de abril de 2024. O Concello de Burela lembra que o prazo para inscribirse no Día da 3ª Xuventude, que se celebrará o día 1 de maio, está aberto ata este mércores, día 24 de abril.
O Concello celebra que xa haxa máis de 400 persoas inscritas para participar neste evento, que incluirá comida e baile a partir das 14:00 no pavillón dos institutos e un agasallo para as persoas que asistan ao xantar.
Sandra Fernández, concelleira de Servizos Sociais destaca a importancia de que “as persoas que collesen o tícket e non poidan asistir o comuniquen para evitar o desperdicio de alimentos en medida do posible”.
A inscrición poderá ser realizada na Casa do Concello de Burela, a onde tamén se poden dirixir as persoas que xa realizaran a inscrición para avisar se finalmente non poderán asistir.
Poderán anotarse as persoas empadroadas en Burela que sexan xubilados do mar, pensionistas do sistema da Seguridade Social maiores de 60 anos, ou maiores de 65 anos en xeral, así como os e as cónxuxes destas persoas.
Ás 12:30 do 1 de maio haberá unha recepción na Casa da Cultura, e as persoas que o precisen disporán de autobús para achegarse ao xantar, que sairá ás 13:30 horas.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


