Que gran comediante perdeu a escena teatral cando Alfonso Gerrra decidiu adicarse á política tras exercer como libreiro na súa Sevilla natal.
Tiven ocasión de velo actuar sobre un escenario con motivo dun mitin, bárbaro, xenial, poñendo o humor e o sarcasmo no seu instante adecuado, a pulla en outro.
“Gañou o señor Tomás Gómez e os que o apoiaban e non gañou a señorita Trini Jiménez e os que a apoiaban, iso é evidente, e todo o demais son interpretacións para saír do paso”, comentou o veterano deputado socialista na Cámara Baixa.
E ao preguntárselle se entre os perdedores está tamén o secretario xeral do PSOE, Guerra respondeu que “é evidente” que “todos os que apoiaron á persoa que perdeu non poden estar entre os gañadores”. Tamén recordou, en referencia a Pérez Rubalcaba, aínda que sen citalo expresamente, que foi “un ministro” o que presentou a Tomás Gómez como o que dixo non a Zapatero e que agora está “entre os perdedores”.
Guerra, que asegura non ver “ningunha onda” de rebelión contra o liderado de Zapatero, limitouse a citar como única consecuencia do resultado das primarias en Madrid que hai dous bandos, o dos gañadores e o dos perdedores, e que todos deberán agora apoiar ao que será o rival da candidata do PP, Esperanza Aguirre. “Supoño que agora os que apoiaron a un e a outro terán que apoiar ao candidato que resultou elixido. Os partidarios das primarias, eu non estou entre eles, terán que ser os primeiros en asumir o resultado das primarias”, concluíu.
Unha vez mais o meu tocaio Alfonso Guerra foi que tivo que poñer os puntos sobre as is neste asunto.
E e que ademais dos ditos perderon todos aqueles que coiertiron o funcionamento interno dos partidos en unha mala comedia onde todo esta atado e ben atado dende o pequeno concello, pasando por as executivas provinciais, autonómicas ata as nacionais.
O das eleccións primarias nos partidos é unha demostración do pouco apego que os políticos teñen ao colectivo. Como se viu mil veces, trátase de alcanzar o poder, e cando se ten de conservalo. Suponse que un partido ten un proxecto, e dá igual se quen o encabeza é Juana ou a irmá. Pero parece que non, que a cousa é elixir persoas, e entón a contradición sáltanos á cara. O poder é necesario para liderar proxectos da comunidade, pero en si mesmo só ten un valor persoal, cando non personalista. Creo que a nosa democracia necesita un bo repaso. Para empezar, hai que acabar coa ditadura partidista na que nos pon unhas listas pechadas e tes que votar, aínda que saibas que o número dous é un impresentable ou un inepto. O segundo é que hai que limitar os mandatos, aínda que as lexislaturas fosen un pouco máis longas (cinco ou seis anos) para que as institucións fósense renovando parcialmente cada tres anos con eleccións da metade dos compoñentes desa entidade. Que ninguén poida ser deputado máis aló de dúas lexislaturas se é un cargo lexislativo e unha se é executivo. Dese xeito non se farían cousas pensando nos votos, porque a esa persoa xa non se lle pode volver votar para Presidente, Alcalde ou Concelleiro. É de supor que nese novo xeito de facer política quen acceden aos cargos tratarían de ser recordados polo bo que fixeron para a xente, e acabaríanse esas cotenadas por alcanzar o poder. En poucas palabras, a política non pode ser unha profesión, como sucede na actualidade.
En conclusión, que por mal camiño van os partidos políticos s se non entenden que, a medio e longo prazo, estas prácticas de endogamia parasitaria do partido condenaranlles a un triste destino. Haberá algún cínico que dirá que, total, a eles, plim, mentres sigan tendo poder, iso da autoridade e a lexitimidade.
Haberá tamén ademais quen pretenda resaltar, á marxe desta apelación ao interese do cínico, os beneficiosos efectos sociais derivados de que os partidos funcionasen doutro xeito. Pero, neste caso, de tan obvio que é o asunto, case que mellor nin explicalo. Porque todos témolos claro, menos quen están a día de hoxe nas executivas locais provinciais, autonómicas ou nacionais dos partidos políticos.
Otero Regal



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



