Nota de Prensa
Destaca que a A-8 ao seu paso por Galicia só está completa á metade do seu itinerario, mentres que no País Vasco está en servizo na súa totalidade e os asturianos xa poden circular polas tres cuartas partes do seu percorrido
HERNÁNDEZ RECLAMA O ‘IMPULSO DEFINiTIVO’ A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO E FIXAR O 2012 COMO A ‘DERRADEIRA DATA’ DA SÚA POSTA EN SERVIZO
* O conselleiro de Medio Ambiente pide ao ministro Blanco que priorice a execución da autovía por ser unha infraestrutura imprescindible e que redunda na mellora da competitividade de Galicia
* Confía en que esta obra non sufra novos atrasos e que abandone definitivamente a súa “condición de vagón de cola” das nosas comunicacións por estrada co exterior
* Destaca que nos momentos de axuste económico, as administración deben priorizar aquelas infraestruturas máis avanzadas, tal e como fai a Xunta coa nova planificación do Plan MOVE
Abadín (Lugo), 9 de outubro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reclamou esta mañá ao ministro de Fomento, José Blanco, que o seu departamento dea o “impulso definitivo” a Autovía do Cantábrico (A-8) e que fixe o ano 2012 como a “derradeira data” para a posta en servizo desta infraestrutura, que é a principal autovía pendente con Galicia, aclarou.
O responsable das Infraestruturas en Galicia interveu na posta en servizo dos tramos Abadín-Castromaior e Castromaior-Touzás da Autovía do Cantábrico (A- 8), onde manifestou a súa confianza en que a totalidade deste itinerario será unha realidade no ano 2012, tal e como recentemente acordou demandar o Parlamento de Galicia.
Recordou que das previsións iniciais que fixaban para o ano 2008 o remate do itinerario completo entre Baamonde e Ribadeo, pasouse á promesa do ano 2011, pero nos últimos tempos xa se está a falar do ano 2012, “unha continua indeterminación que a ninguén beneficia”, apuntou.
As infraestruturas de Galicia non pode asumir que os investimentos que decaen e os recortes que se producen- matizou. afecten a aquelas obras nas que hai máis retraso, tal e como acontece nesta autovía.
O representante do Goberno solicitou ao ministro todo o seu esforzo e empeño para que esta obra non sufra novos atrasos, co fin de que abandone definitivamente a “condición de vagón de cola” das nosas comunicacións por estrada co exterior.
Arteria fundamental
O conselleiro Hernández declarou que, coa posta en servizo destes novos dez quilómetros, a Autovía do Cantábrico, xunto coas autovías das Rías Baixas e do Noroeste, constitúe unha das arterias fundamentais para irrigar o tecido económico e social de Galicia.
Outras das razóns que levan ao Goberno galego a solicitar por parte do Ministerio de Fomento a priorzación da execución da Autovía do Cantábrico débese a que esta infraestrutura é imprescindible e redunda na mellora da competitividade de Galicia.
Declarou que non é normal que obras que comezaron en 2007 aínda hoxe non teñan data de finalización. Recoñeceu que nos momentos de crise hai que facer axustes públicos, ao tempo que defendeu que os esforzos inversores teñen que contar cunha sensibilidade especial con aqueles proxectos que están en marcha.
“A Xunta de Galicia así o está a facer”, puntualizou, coa nova programación do Plan MOVE, onde se priorizan as infraestruturas máis avanzadas, as que están a piques de rematar un eixo de comunicación, así como as que inciden nunha mellor vertebración e na cohesión territorial.
Aclarou que a A-8 é unha das últimas grandes obras cara ao exterior que o Goberno central mantén na súa programación desde hai máis dunha década e que iniciou as súas obras no territorio de Galicia hai un lustro.
Lamentou o feito de que, a diferenza do acontecido coas autovías das Rías Baixas e do Noroeste -que adiantaron as súas obras no territorio de Galicia-, a Autovía do Cantábrico adiantou as súas obras fóra da nosa Comunidade, quedando para o final os tramos galegos.
Esa programación permite que hoxe no País Vasco está toda a autovía en servizo; en Cantabria, ten a súa maior parte operativa; e os asturianos xa poden circular polas tres cuartas partes do seu percorrido. Mentres, Galicia completa hoxe a metade do seu itinerario, ao que engadiu que e podería darse por boa esta situación, se non fora porque non se acaban de fixar con suficientes garantías os prazos para que as obras que faltan sexan unha realidade.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



