O martes 30 de abril haberá un posto de información á veciñanza na praza Maior de 10:30 a 13:30, no que se entregarán caldeiros, chaves e bolsas compostables para a recollida dos residuos orgánicos
Viveiro, 27 de abril de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro dá comezo á campaña “Ti tes a chave”, que ten como obxectivo informar á veciñanza e ao tecido empresarial do municipio sobre o uso dos novos colectores marróns de residuos orgánicos.
Como parte desta campaña, o martes 30 de abril haberá un posto de información dirixido aos veciños e ás veciñas na praza Maior, en horario de 10:30 a 13:30. Nel entregaranse caldeiros, chaves e bolsas compostables para a recollida dos residuos.
De xeito paralelo, o mesmo día durante a xornada do mediodía e da tarde, dous traballadores debidamente identificados irán visitar aos grandes produtores e á hostalería de Viveiro para proporcionar información sobre a campaña e facilitar as chaves ás entidades que decidan sumarse ó voluntariado marrón.
Con este obxectivo, realizaranse unhas visitas previas o día anterior, luns 29 de abril, en horario de mañá e de tarde. O Concello informa de que haberá outras accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses.
A tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez, tamén concelleira de Medio Ambiente, explica que “case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, polo que para cumprir coa lexislación vixente é moi importante que definamos cal é o noso modelo de xestión destes residuos”.
“Entendemos que o modelo que nos ofrece Sogama é o que se adapta mellor ás necesidades da nosa cidade, polo que optamos por poñer en marcha o sistema do colector marrón”, sinala Bermúdez.
“Queremos ser máis sostibles. e iso só será posible coa implicación de toda a cidadanía, polo que queremos facer unha chamada á participación das familias de Viveiro neste novidoso proxecto, que de seguro sentará as bases do que será a futura recolllida de lixo da nosa cidade”, engade.
O colector marrón, dirixido exclusivamente á recollida de residuos orgánicos, xa está instalado nas rúas do concello. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado, coa finalidade de garantir a correcta separación de residuos de xeito paralelo á concienciación da veciñanza.
As chaves necesarias para facer uso deste contedor serán entregadas no punto informativo, xunto cun cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo sobre o bo uso do colector.
Os residuos que deben ir no colector marrón son: os restos de froita, verdura, carne e peixe, conchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusións, papel de cocina, restos de plantas, cortizas e, en definitiva, calquera resto orgánico.
Pola contra, os residuos que nunca se deben depositar neste contedor son os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e calquera outro tipo de residuos non orgánicos.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



