A actividade terá lugar o día 11 de maio no marco da celebración do Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España
Viveiro, 29 de abril de 2024. A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, colabora coa Cámara Oficial Mineira de Galicia na organización dunha andaina na contorna da Silvarosa para conmemorar o Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España.
Esta “excursión xeolóxica” terá lugar o día 11 de maio, sábado, data de celebración do Xeolodía. Esta efeméride ten lugar cada ano na segunda fin de semana de maio.
O concelleiro de Medio Rural, Juan Ramón Martínez Castro, sinala que “é unha honra que Viveiro fose o municipio elexido para a celebración do Xeolodía na nosa provincia por parte da organización, que pon en valor deste xeito o noso gran patrimonio natural e mineiro”.
A excursión, baixo o título “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar a inscrición a través do teléfono 635 559 698 en horario de oficina ou no enderezo web https://geolodia.es/geolodia-2024/lugo-2024/
Debido ao alto número de inscricións en edicións anteriores, decidiuse organizar dúas quendas da actividade, unha ás 10:00 e outra ás 16:00, cunha duración estimada de 4 horas cada unha, nas que se explicará e poñerá en valor a historia destas minas de ferro e a orixe do mineral.
O xeolodía é un evento anual de divulgación xeolóxica coordinado pola Sociedade Xeolóxica de España coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, así como de varias decenas de institucións e empresas máis.
A cita ofrece percorridos xeolóxicos gratuítos e abertos a todos os públicos en cada unha das 50 provincias españolas, ademais de diversas actividades virtuais, como vídeo-roteiros xeolóxicos, Xeocharlas e ata un videoxogo.
A andaina que se celebrará en Viveiro, e que conta tamén co apoio da Comunidade de Montes de Vieiro, será a actividade escollida para celebrar o Xeolodía na provincia de Lugo.
Para complementar este evento, a Cámara Oficial Mineira de Galicia organiza, na mañá do día 21 de maio, a actividade “O meu primeiro Xeolodía: as minas da Silvarosa, unha viaxe ao pasado”.
A iniciativa incluirá unha visita interpretada ás instalacións e a realización de talleres prácticos con estudantes de 6º de primaria dos catro colexios de Viveiro.
Para máis información pódese contactar coa organización nos correos oficina.tecnica@camaraminera.org e comunicacion@sociedadgeologica.org





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



