Estefanía Molina Morales é unha voz destacada no ámbito da política e os asuntos internacionais, recoñecida polo seu profundo coñecemento e a súa capacidade para analizar os desafíos e oportunidades que enfronta Europa na actualidade. Na súa conferencia, a xornalista, analista política e escritora, repasará os principais acontecementos que marcaron a historia recente de Europa e ofreceranos unha visión clara e fundamentada sobre os retos que afronta o continente nun mundo cada vez máis interconectado e cambiante. Realizarase online e presencial, o 9 de maio de 18:30 a 20:00 horas.






















Os locais participantes e as súas propostas gastronómicas son: Cafetería Casa da Cultura: “Crujiente de Corral” (venres e sábado). La Bodeguita del Puerto: “Maravillas del Cantábrico” (venres e sábado). Chiringuito Los Árboles: “Chips de Torrezno” (venres e sábado). Café Bar Santo Domingo: “Arroz con calamares” (só venres). Café Bar San Esteban: tosta “La miga creativa” (só venres). Mesón O Remo: “Crepe O Remo” (só venres). Os pinchos poderán degustarse a partir das 20:00 horas a un prezo de 4 euros. A ruta inclúe ademais un concurso ao mellor pincho, con voto popular. Cada pincho dará dereito a unha papeleta que deberá depositarse na urna do local. O luns ás 18:30 horas entregarase o premio ao mellor pincho e sortearanse dúas batidoras-picadoras Bosch, unha por cada fin de semana da ruta.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



