A cita, con entrada de balde, promove a música folk, rock e pop en galego e xa conta coa confirmación de artistas para esta nova edición como Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira
Lugo, 3 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres un acordo de colaboración co Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, a través do que a institución provincial destina preto de 20.500€ para o Festival Aturuxo de Bravos, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo. “Unha cita con entrada gratuíta creada para fomentar e dinamizar a parroquia de Bravos a través da música, pero tamén para promocionar o territorio”, afirmou José Tomé.
O mandatario provincial salientou que “dende a Deputación colaboramos con este festival, que se organiza coa asociación Aturuxeiros de Bravos, dende hai uns anos, incrementando a nosa achega acorde ao cartel e á programación organizada, que nesta edición xa se prevé que vai ser moi atractivo”. Nese sentido, avanzou que está confirmada a presenza de Loita Amada, Tecor Societário, Catuxa Salom e Ugía Pedreira, o que evidencia que é un “festival que contribúe a difundir e a poñer en valor a nosa riqueza cultural, a música e tradicións e, ao mesmo tempo, dinamiza a vida social e a economía no noso rural, e atrae un turismo de calidade e sostible, o modelo polo que apostamos dende a Deputación de Lugo porque coida o patrimonio e deixa valor no territorio”.
“A música que ameniza este festival é sempre en galego, música folk, rock, pop, e incluso xogando co humor, algo que nos parece moi a destacar, ao tempo que os veciños e veciñas de Bravos se involucran, algo que é fundamental para o éxito de iniciativas deste tipo”, afirmou José Tomé.
Para o Presidente, a organización deste certame en Bravos “pon en evidencia o que defendemos dende a Deputación. O noso rural non está baleiro, senón que está cheo de ideas e de propostas. O que necesita son políticas públicas para saír adiante”. Así mesmo, aproveitou a ocasión para convidar aos veciños e veciñas da comarca e da provincia a achegarse a Ourol “para gozar deste festival único e gratuíto, e para coñecer a parroquia de Bravos, un lugar que conta con moita tradición e historia”.
O Festival Aturuxo defínese a si mesmo como un festival diferente para público familiar, inclusivo e próximo, onde a diversidade e a cultura galega son as protagonistas. O entorno rural no que se leva a cabo é o escenario perfecto para que as diferentes xeracións compartan as potencialidades de cada unha e que todos se fagan conscientes da importancia de coidar o patrimonio sociocultural e ambiental.
Programa
O XII Festival Aturuxo celébrase en dúas xornadas: 19 de xullo pola tarde-noite e 20 de xullo durante toda a xornada. O venres celebrarase a tradicional cea de irmandade e posterior concerto de grupo a pé de rúa, para logo rematar cunha foliada popular.
O sábado, a música soará dende o mediodía e pola tarde haberá xogos interxeracionais, obradoiros e actuacións cómicas ou teatrais, dirixidas a todos os públicos.
Haberá dispoñible servizo gratuíto de autobús para facilitar os desprazamentos.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



