Nota de prensa:
MÁIS DE MIL PERSOAS VISITARON A EXPOSICIÓN GALICIADIXITAL ITINERANTE DURANTE A SÚA ESTANCIA EN LUGO
* Os que se achegaron estes días á delegación territorial da Xunta de Galicia puideron desfrutar dalgúns dos contidos máis chamativos da mostra, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, a película en 4D “Meta do Camiño” ou o tiraboleiro virtual
* A exposición incluíu tamén os contidos máis novidosos e conmemorativos dos 25 anos da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG)
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2010.- Un total de 1.040 persoas se achegaron dende o 4 de outubro ata o pasado sábado á delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo para visitar a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital.
Na súa estancia na cidade a mostra contou con algúns dos seus contidos máis chamativos, como o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, no que os espectadores teñen a posibilidade de descender pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun futurista “aerodeslizador” desenvolvido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Galiciadixital permitiu tamén aos seus visitantes somerxerse nun mundo virtual a través de proxeccións en tres dimensións como “As cidades do camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde os usuarios poden realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades polas que discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago, así como xogar co canciño “Axóuxere” ou converterse en tiraboleiros do Botafumeiro da Catedral de Santiago grazas ao tiraboleiro virtual, entre outras actividades.
Entre os últimos contidos incorporados á exposición destaca a película en catro dimensións “Meta do Camiño”. Trátase dunha curtametraxe en 4-D, é dicir, tres dimensións acompañada por efectos especiais de vento, aroma e fume, onde un peregrino acompaña e ilustra ao visitante nun breve percorrido aos lugares máis relevantes da catedral de Santiago de Compostela.
Aniversario da CRTVG
Por outra banda, os que se achegaron nestes días ás instalacións lucenses puideron desfrutar dos contidos máis novidosos e conmemorativos do 25º aniversario da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), como unha exposición de paneis nos que se resume a historia do ente autonómico, unha exhibición de obxectos relacionados coa radio e a televisión ou un vídeo conmemorativo dos primeiros 25 anos do ente autonómico, no que se dan cita programas e personaxes emblemáticos da compañía.
Ademais, os interesados puideron converterse en presentadores dos informativos da Televisión de Galicia por un día grazas ao Plató Chroma Key, un espazo no que os visitantes se sitúan e aparecen reflectidos nunha pantalla TFT de gran formato.
Galiciadixital foi visitada, nas súas dúas dimensións de itinerante e permanente, por preto de 650.000 persoas dende a súa orixe, no ano 2000, o que a converte na segunda exposición máis visitada de Galicia. A exposición permante, con sede no Mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela, superou no que vai de verán as 20.000 visitas e a versión itinerante acolleu no que vai de ano a 17.110 persoas nas nove localidades galegas polas que pasou ata o momento.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



