Viveiro, 17 de maio, 2024. O Concello de Viveiro conmemorou o Día das Letras Galegas 2024 con múltiples actividades no Teatro Pastor Díaz.
“Unha xornada para conmemorar e festexar a importancia de ter unha lingua propia, ademais de destacar a figura de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Houbo unha interpretación do Himno de Galicia a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro; baile tradicional a cargo dos grupos infantil e xuvenil de Bágoas da Terra, e “Música e libros”, coa actuación do Coro Infantil do Colexio Lois Tobío de Viveiro e da Coral Polifónica Alborada de Viveiro, coa colaboración da Librería Porta da Vila e África Copias.
As actividades continuarán mañá, sábado, 18 con “Como montar a túa banda de verán” de Xoán Curiel. Será ás 12:00 na Biblioteca Municipal. Ás 12:30 do sábado haberá pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo Amigos do Folk, en Covas.
Ás 20:30, Migallas Teatro representará ‘Falemos coma galegas’ no Teatro Pastor Díaz.
Finalmente, o domingo 19 haberá pasarrúas de música tradicional a cargo do grupo Espera que Vou Mexar, ás 12:30 por Celeiro.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



