O Bloque realizou na praza das mulleres un acto público onde contou coas intervencións de Mar Pérez, nº3 na candidatura as eleccións europeas, Montse Valcárcel, deputada no Parlamento Galego e Constantino Alvite “Tino”, portavoz municipal do BNG en Vilalba
Vilalba, 25 de maio 2024. O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba realizou un acto público aberto na praza das Mulleres da localidade no que deu a coñecer as iniciativas de futuro no marco do programa electoral do BNG para as vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño.
Contou coas intervencións do portavoz municipal, Constantino Alvite , a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel e a nº 3 da candidatura ás eleccións europeas Mar Pérez.
Mar Pérez puxo o acento na importancia de “ter voz propia” na Eurocámara. “Sen o BNG non se levan demandas propias do noso páis é asi de claro”.A gandería de leite e carne de vacún é un bo exemplo. “Só o BNG defende en Bruxelas unha política agraria xusta para as gandeiras e os gandeiros do noso país, mentres o PP e o PSOE veñen defendendo unha política agraria lesiva para Galiza”
O Bloque ten propostas de futuro e achega propostas para construír unha Galiza mellor e para defender ao noso país”, subliñou Pérez. Neste sentido, sinalou que dar voz nas institucións europeas ou sector agrogandeiro, ás enfermeiras en loita e ás afectadas pola macrocelulosa que o PP quere instalar en Palas de Rei, son algúns do exemplos que a candidata do BNG puxo como exemplo do traballo do Bloque na Eurocámara
Segundo explicou Mar Pérez, “co noso traballo aspiramos a ser a voz de Galiza en Europa e mellorar a vida das persoas para atopar solucións, para reducir as desigualdades, para combater a discriminación, para facer e deixar un mundo mellor”. Ademais, Mar subliñou que un obxectivo inalienable do BNG é “defender os intereses do Pobo galego fronte aos lobis que buscan espoliar os nosos recursos e que os fondos europeos non se malgasten” como quere facere o PP coa macrocelulosa de Palas de Rei




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



