Burela, 27 de maio, 2024. Víctor Bargiela, investigador da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e membro do Gupo de Lingüistas pola Diversidade, da Universidade de Barcelona, está en proceso de investigación do uso das linguas no espazo xeográfico comprendido entre a desembocadura do Miño e a comunidade de Cantabria. Durante estes días está na Mariña para facer un traballo de campo con dous grandes grupos de persoas: as comprendidas entre os 20 e os 30 anos; e as que teñen entre 60 e 75. Despois do seu paso por Viveiro, Celeiro e Xove, á 11:00 horas de mañá martes visitará o IES Perdouro, onde gravará unha entrevista radiofónica cos estudantes que participan no programa Proxecto Neo e manterá un encontro co pedagogo Brais Pedreira Taboada, coa tamén lingüista Jennifer Balseiro Fernández e con Vanessa Vila-Verde (coordinadora da intervención educativa Modelo Burela).
O investigador catalán é toda unha referencia na aprendizaxe acelerada dos idiomas. Tomou por primeira vez contacto co galego durante o confinamento, período que aproveitou para facer un curso a través de internet. Con esa preparación presentouse e superou as probas CELGA. Desde xaneiro de 2024 realiza visitas periódicas á nosa terra para recoller datos para a súa tese de doutoramento, un traballo que realiza integramente en galego.
Perfil biográfico
Víctor Bargiela (León, 1997) é graduado en Lingüística pola Universitat de Barcelona (2022). Cursou o Máster de Estudos Avanzados en Lingua e Literatura Catalás na Universitat Autònoma de Barcelona (2023). É investigador predoutoral en Filoloxía na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) cunha beca INPhINIT Retaining da Fundación “La Caixa”. Tamén é membro do Grup de Lingüistes per la Diversitat (GLiDi) da Universitat de Barcelona.
Interésalle o cambio lingüístico, a fonoloxía e as ideoloxías lingüísticas. Actualmente combina o trabalo na Universidade de Oviedo e no Instituto da Lingua Galega como investigador visitante para recoller datos sociofonéticos da entoación das preguntas absolutas en galego e en castelán de Galicia e das ideoloxías lingüísticas dos falantes respecto á lingua estándar.






















Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.
Participarán mozos e mozas intérpretes de ata 18 anos e agrupacións con integrantes de ata 25, procedentes dos municipios do Eixo Atlántico. A programación inclúe concertos didácticos, actuacións abertas ao público e as probas do certame, que se desenvolverán no Auditorio Municipal, na Praza da Constitución e no Conservatorio Profesional de Música. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o impacto cultural e dinamizador do evento para Vilalba. O domingo celebrarase a final e a entrega de premios, aberta ao público.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.
A actividade estivo guiada por Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, quen impartiu unha charla sobre a xestión do ánimo. Foi un encontro pensado para aprender a relaxarse, fomentar o pensamento positivo e coidar a saúde emocional. A iniciativa contou co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



