Ribadeo, 1 de xuño de 2024. Os alcaldes de Vegadeo, Castropol e Ribadeo demandan investimentos na A-8, nas nacionais 640 e 642, así como no ferrocarril e na senda verde. César Álvarez, Francisco Vinjoy e Daniel Vega, que mantiveron un encontro no Concello ribadense, apostan por manter estas xornadas de traballo para levar adiante diferentes iniciativas de xeito conxunto.
O rexedor ribadense explicou que “os alcaldes de ría unímonos máis que nunca nunha xornada de traballo que claramente lle agradezo ao alcalde de Castropol e ao alcalde de Vegadeo por acudir a esta reunión que se celebrou en Ribadeo e traballar conxuntamente e así garantir un futuro aos nosos municipios. Reivindicacións claras ante o goberno central para investir nos nosos municipios, nestes territorios que crecen e cada día teñen máis futuro”.
Vega apostou por investir en infraestruturas: “na A-8, na N-640 e tamén na N-642. É fundamental investir nas infraestruturas, nas vías de comunicación e tamén mellorar os alumeados nos accesos ás vilas. Creo que o goberno central debe tomar unha decisión rápida, urxente e investir nas nosas vías de comunicación”.
O alcalde de Ribadeo considera que “debemos ser polos atractivos á inversión, traballar por asentar empresas. Coincidimos os tres alcaldes en que o solo industrial debe baixar o prezo, no noso caso Sepes, porque así vamos facer espazos máis atractivos á inversión. Debemos seguir investindo na nosa senda verde, é dicir seguir eliminando as plantas invasoras, ter ese cinto verde, que debe garantir a comunicación tamén non entorno da ría. E polo tanto son inversións, son reivindicacións claras ante un goberno central que debe investir e debe traballar conxuntamente co Concello de Castropol, co Concello de Vegadeo e tamén co Concello de Ribadeo, dende a lealdade institucional, pero coa reivindicación clara de inversión, ante tamén as administracións autonómicas, o Principado de Asturias e no noso caso ante a Xunta de Galicia”.
Dani Vega engadiu que “foi unha xornada de traballo, unha xornada que debo agradecer aos alcaldes por entender que debemos estar máis unidos, máis que nunca e así traballar conxuntamente”.
O alcalde de Castropol, Francisco Javier Vinjoy, considera que a reunión foi “muy interesante, muy positiva, y consideramos que debemos seguir manteniendo esta línea de trabajo en el futuro. En general puedo decir que viene a consolidar una fórmula de trabajo que para nosotros es muy interesante, que es el trabajo en red. Aquí, en Castropol, es algo que valoramos enormemente. De alguna manera nos sirve para analizar conjuntamente las necesidades que tenemos en nuestro entorno, generar un conocimiento claro y definido en relación a lo que debemos solicitar para atender las necesidades de la ciudadanía y en eso ha consistido básicamente la reunión, de la cual ya han emergido algunos proyectos, algunas solicitudes como la mejora de la A-8, la mejora de la Nacional 640, la mejora de la vía de ferrocarril, la mejora de circulación marítima, con los necesarios dragados en aquellos puntos en que sea necesario en la ría para la mejor circulación marítima, y también la necesidad de establecer un camino de enlace en la franja ribereña que nos permita transitar de manera pedestre o en bicicleta entre los tres concejos. Pienso que son aspectos a considerar seriamente, hacer las solicitudes pertinentes a los órganos y entidades competentes para ello, y se ha hecho un buen análisis en este sentido”.
Vinjoy considera que “es una forma de trabajo positiva y es nuestra voluntad continuar en el futuro desarrollando proyectos coordinados con los municipios de Vegadeo y Ribadeo en torno a las mejoras que sean pertinentes y necesarias para todos”.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, explica que “la reunión resultó ser un punto de inicio para concretar y poner encima de la mesa de las distintas administraciones los temas importantes que nos afectan. Está claro que desde cada ayuntamiento ya habíamos trasladado nuestras inquietudes, pero creemos que esta lucha si la hacemos en conjunto va a tener mucha más trascendencia y una mayor profundidad. Por lo tanto la reunión era necesaria porque son muchos los temas que nos afectan a los tres ayuntamientos por igual”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


