Nota de Prensa
O BNG CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA TRATAR O TEMA DO CENTRO RESIDENCIAL DE DÍA
“Ninguén se ten que sentir excluído, pois temos que remar todos na mesma dirección” declara Basanta
Foz, a 15 de outubro de 2010.- O BNG vai a convocar a todas as organizacións políticas e sociais do Concello de Foz a unha xuntanza para o próximo sábado, día 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Foz para tratar o tema da Residencia para Foz.
A construcción dunha Residencia con Centro de Día é unha vella reivindicación do pobo de Foz. Unha reivindicación xusta porque existe unha gran demanda de prazas das que hoxe o Concello de Foz non conta e que provoca que moitas persoas teñan que desprazarse a outros centros xeriátricos situados noutras localidades ou nalgúns casos quedarse sen a atención debida. Hai que reiterar, di o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta, a circunstancia de que “Foz é o único pobo da Mariña de certa entidade que non conta con Centro de Día, o que resulta incomprensible”.
A posta en marcha deste servizo suporía a creación de moitos postos de traballo nun momento de destrucción progresiva de emprego na nosa comarca, desde administrativos, ordenanzas, coidadoras/es, persoal de limpeza, de mantemento e de cociña, enfermeiros/as, e todas aquelas prazas que teñen relación cos servizos sociosanitarios. Ademais, a dotación en Foz desta infraestructura melloraría de forma substancial a calidade de vida, non só dos futuros usuarios, senón daquelas persoas que os coidan actualmente posto que lles daría a posibilidade de organizar mellor a súa vida.
Con esta reunión, o BNG pretende buscar o consenso máis amplo posible para atopar a forma máis axeitada e rápida de facer realidade esta demanda social. Por iso, a convocatoria está aberta a toda a veciñanza, tanto ás asociacións como aos particulares, porque todos somos necesarios nesta empresa.



















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



