Castiñeira afirma que “non se entende” a postura de Cajoto de reclamar outra residencia “cando non atende a que ten” o que é “unha falta de respecto para os usuarios, os seus familiares e para todos os veciños de Foz”
Foz, 7 de xuño de 2024. O Partido Popular de Foz considera chamativo que Cajoto pida outra residencia de maiores cando desatende a que ten. “Claro que o PP está a favor dunha nova residencia, como lle dixemos no pasado pleno, pero o señor alcalde leva catro anos sen resolver nada do asilo de anciáns de Foz, unha infraestrutura e equipamento que sabemos que non é municipal pero que si se poden facer xestións para que exista unha posibilidade de que haxa unha nova residencia no noso municipio”, sinala o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
“Non entendemos como Cajoto, formando parte do goberno da Deputación de Lugo, non axuda a arranxar o asilo coa Fundación e poñelo en funcionamento como fixo a Xunta de Galicia no seu día”, lamenta Jorge Castiñeira, recordando tamén como varios municipios da provincia, gobernados por socialistas, asinaron convenios co goberno da Deputación para construír nos seus concellos residencias ou centros de atención a maiores.
Javier Castiñeira afirma que “Cajoto usa agora fogos de artificio para desligarse da problemática actual que non resolveu”, recordando que “as axudas de emerxencia para os actuais residentes do asilo aínda non se fixeron polo que por moita partida que haxa non van a chegar aos usuarios”.
Para o voceiro popular, unha das solucións pode pasar por un canon que caia como “choiva fina” para tratar de reducir as tarifas de xeito igualitario a todos os usuarios da actual residencia.
Por último, Javier Castiñeira sinala que “non se entende que Cajoto pida máis residencias cando a que hai non a atende”. “O que está a facer é faltar ao respecto aos usuarios da actual residencia, aos seus familiares e a todos os veciños de Foz”, sentenciou.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



