Viveiro, 13 de xuño, 2024. Unha vez máis Cines Viveiro no seu afán de poñer en valor o cinema e achegar a cultura cinematográfica aos máis pequenos da casa, pon en marcha para este sábado 15 de xuño unha promoción xunto a Coca-Cola para ver a estrea de “Robotia” por tan só 1€.
Colaboran nesta promoción con Cines Viveiro a Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro e Prato-Do, sempre sumando forzas para dar visibilidade ao esforzo que realiza o Cine para poder ter estas estreas en localidades como Viveiro. Os vales están ao dispor dos clientes nas tendas de roupa e calzado de nenos e nas librerías de Porta da Vila e África copias.
Son entradas para poder ver a película Robotia por tan só 1€, o sábado 15 de xuño en 3 horarios distintos, 18h, 18:30h e 19h.
As entradas pódense comprar en liña en www.cinesviveiro.com, sistema rápido e sinxelo que garante que tes reservado o teu sitio ao chegar.
O cine está en funcionamento con películas todas as fins de semana, estreas de primeira ó carón de casa, para que os peques poidan gozar da maxia do Cinema e vivir unha experiencia distinta á do sofá de casa.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



