Balseiro resta valor aos anuncios do Goberno en materia de conservación de estradas e dubida que as obras se poidan executar este verán cos prazos habituais e sen orzamentos
A Mariña, 14 de xuño de 2024. Os senadores lucenses do Partido Popular formularán unha batería de iniciativas na Cámara Alta para facerse eco do crecente malestar que provoca entre os veciños da Mariña e usuarios da estrada da costa a alarmante deterioración do firme desta vía.
José Manuel Balseiro explica que demandarán no Senado que o Goberno poña en marcha un plan extraordinario de reparación para a N-642 ante os riscos que xera a persistencia da situación actual, especialmente en materia de seguridade viaria.
Urxen que se acometan os traballos de reparación e mantemento que se estimen precisos e que permitan corrixir o estado de pavimento, especialmente danado en varios puntos, entre os que se atopa a variante de Foz e no tramo comprendido entre o Alto de Mañente e a rotonda de conexión coa autovía A-8.
Balseiro lembra que a N-642 estivo parcialmente cortada, por máis dun ano, tras a focha próxima á Areoura orixinado polo afundimento e agrietamiento do seu firme e o colapso da drenaxe. Esta circunstancia demostra que debe intensificarse a conservación e mantemento desta vía.
Os senadores tamén sinalan que a deterioración do firme da que constitúe a principal estrada de conexión dos municipios do litoral mariñán e a parálise da que aspira a ser o seu itinerario alternativo, a autovía A-74, lastra a competitividade e o potencial turístico e económico da zona, así como supón unha incomodidade permanente para os veciños e profesionais do transporte que fan uso, moitas veces diario, desta vía tan transitada, polo que piden ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, titular da vía, “que salga do seu letargo e actúe”.
Balseiro restou valor ao anuncio efectuado polo Ministerio de Transportes en relación co contrato de conservación de estradas. Lembra que aínda está en fase de licitación e que, aínda que se tramite como urxente, todo apunta a que non se estarán traballando sobre o terreo leste mesmo verán, que é o período máis adecuado, pola súa climatoloxía, para realizar as obras de mellora dos pavimentos. Ademais o Goberno non foi capaz de aprobar os orzamentos, co que non será capaz de afrontar gastos extraordinarios ou investimentos de maior calibre. De feito entre as obras de emerxencia proxectadas tampouco están as que corresponderían ás estradas nacionais que percorren a comarca.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



