A Mariña, 18 de xuño de 2023. O Portiño de Morás, en Xove, acolleu esta tarde a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas da Mancomunidade de Concellos da Mariña. Son as de Xove e Burela, que se unen ás outras sete xa estreadas hai tempo. No acto intervirona presidenta desta entidade e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, a alcaldesa de Burela, Carmela López, a xefa de área de Turismo de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, e Xesús Ron, de Chévere Teatro.
Trátase dun produto turístico que, coma noutros casos, se realizou co participación dos respectivos Concellos, responsables de Concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere (Premio Nacional de Teatro, 2014), quen se encargou de darlles forma.
Un produto turístico que, nesta ocasión se desenvolveu ao abeiro do convenio que a Mancomunidade asinou o pasado ano con Turismo de Galicia, pero que noutras ocasións se ten promovido con convenios coa Deputación de Lugo ou a través do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña.
No acto, que incluiu a realización dos paseos tanto en Xove coma en Burela, tamén participou o alcalde Foz e deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, o Subdelegado accidental do Goberno en Lugo, Víctor Fraga Gayoso, os concelleiros de Turismo de Xove e de Burela, Cecilia Duarte e Ramiro Fernández, así coma un nutrido grupo de persoas de asociacións, centros educativos e hostalería dos dous concellos interesadas en coñecer esta nova oferta turística e cultural.
As audioguías ficcionadas da Mariña Lucense son unha iniciativa – pioneira en España – que aposta por mellorar a experiencia viaxeira das persoas que nos visitan a través dun produto de calidade, personalizado e adaptado a cada municipio onde se desenvolven, que axudan a divulgar e poñer en valor a historia local entre os propios residentes e a comunidade educativa. Son historias que ata o de agora estaban ambientadas en 7 localidades: Alfoz, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro e a partir de hoxe tamén o estarán en Morás, Xove, e Burela. Resultado dun coidado proceso de documentación por parte do equipo de Chévere, identifícanse sucesos, personaxes e lugares con nome propio que serven para transmitir a idiosincrasia e esencia de cada un dos municipios.
Son relatos ficcionados e dramatizados pola propia compañía que configuran un paseo ameno e suxerente con intervención de recursos documentais e literarios, mapas sonoros, dramatizacións, entrevistas, voces narradoras, música,… Cada audioguía ten un enfoque, un tratamento e un formato diferenciado que busca a implicación emocional por parte da persoa que escoita, provocar a curiosidade e promover que se fagan os diferentes paseos.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, subliñou que “as audioguías ficcionadas propoñen un percorrido relaxado e sinxelo – en todos os casos de menos de 50 minutos – que se pode realizar individualmente, en parella ou en grupo. Poden reproducirse ou descargarse de forma gratuíta no dispositivo móbil, MP3 o MP4 de cada un dende a web da Mancomunidade e dos Concellos ou, nas oficinas de turismo locais– situadas sempre próximas ao lugar de inicio do percorrido – pódense alugar auriculares illantes coa audioguía incluída, con gratuidade para nenos e nenas de ata 12 anos e para outros colectivos concretos, coma no caso dos centros educativos”.
Para a presidente da Mancomunidade “as audioguías ficcionadas, son un piar máis dentro das distintas iniciativas que se desenvolven desde a Mancomunidade en colaboración directa cos Concellos en base ao turismo slow e sostible. Con elas agardamos poder ofrecer valor e atraer a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio a través de experiencias diferenciadoras, favorecer a súa permanencia e a desestacionalización, fortalecendo o posicionamento da Mariña Lucense como destino sostible e de calidade. As audioguías ficcionadas son un recurso complementario das visitas con guía e mesmo das visitas teatralizadas que permiten aos turistas, visitantes e á poboación local, sen cita previa e nos días que as oficinas de turismo están cerradas por descanso, vacacións, etc mergullarse na historia local”.
Na súa intervención a presidenta da Mancomunidade menciounou “co paseo audioguiado pola costa de Morás búscase desvelar as pegadas que deixou o pasado na sorprendente paisaxe deste recuncho da Mariña”e sobre Burela dixo que “trátase de rememorar a historia vital e mariñeira de Burela, reconstruíndo na mente da persoa que escoita a vida das súas xentes e a evolución da vila ata os nosos días”. López agradeceu “a participación dos Concellos de Xove e Burela, do seu alcalde e alcadesa, responsables de concellerías e dos seus técnicos, historiadores e veciños que axudaron a transmitir a historia de cada lugar a Chévere”.
Ao acto celebrado esta tarde en Morás, en Xove, e logo en Burela acudiron alcaldes e concelleiros da comarca da Mariña, propiestarios de establecementos hostaleiros, representantes das asociacións das vilas e dos centros educativos, que comentaron o interesante da iniciativa para introducir a historia local no seu alumnado.
Todo a información sobre as audioguías ficcionadas pode atoparse na páxina web da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: https://amarinalucense.gal/es/audioguias-ficcionadas























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



