A proposta do Grupo Municipal Popular resultou rexeitada co voto de calidade da alcaldesa que “agora pretende anunciar precisamente ao que se negaba no pleno de abril”
Viveiro, 21 de xuño de 2024. A portavoz do Grupo Municipal Popular de Viveiro, Mariña Gueimunde, lembra que “tanto PSOE como BNG votaron en contra dunha proposta do PP para pedir unha subvención para rehabilitar edificios e vivendas de titularidade municipal con destino a alugueiro social” que permitiría ao Concello rehabilitar a Casa de los Maestros. É dicir, “fai 2 meses votaron en contra do que agora pretenden anunciar”.
A proposta dos concelleiros populares saía rexeitada no pleno do 10 de abril deste mesmo ano “cos votos en contra de PSOE e BNG e o voto de calidade da alcaldesa para desempatar” entre os 7 votos a favor -os do PP- e os 7 do equipo de goberno -PSOE e BNG-, xa que X Viveiro se abstivo.
Gueimunde censura que, “ademais desta contradición que reflicte claramente a falta de proxecto claro para Viveiro”, tanto a alcaldesa, a señora Loureiro, coma a tenente de alcaldesa, a señora Bermúdez, “traten de enganar aos viveirenses” tendo en conta que “o propio Instituto Galego de Vivenda e Solo as corrixe para aclarar a información e as conclusións ás que chegaron na reunión”: que a Xunta dispón de liñas de axudas dirixidas aos Concellos para rehabilitar vivendas de titularidade municipal – como é o caso da Casa de los Maestros- para dirixir a alugueiro social.
A popular cre que “están demostrando que non poden representar ao Concello” porque “tarxiversan a información. Non son capaces de trasladar as conclusións dunha reunión institucional”, sentencia.
MOCIÓN DEBATIDA NO MES DE ABRIL
Os populares subliñaban a “singularidade”, a ubicación “estratéxica” da Casa de los Maestros e o seu uso “de carácter social” que “merece toda a nosa atención”. Nese sentido, apostan pola súa “rehabilitación e posta en valor” advertindo do “estado lamentable” no que se atopa este inmoble.
Así, defendían no pleno da Corporación municipal no mes de abril “dada a relevancia e a contía da subvención” unha proposta para que o Concello solicitase en tempo e forma a subvención para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino a alugueiro social.
A través deste procedemento o Concello podería verse beneficiado dunha axuda da Xunta que pode alcanzar ata os 50.000 euros por vivenda rehabilitada a través dunha liña convocada polo IGVS para prestar apoio aos Concellos de menos de 20.000 habitantes.
A proposta dos populares coincidía co prazo aberto para solicitar esta axuda na convocatoria deste ano 2024 -dende o 15 de marzo ao 3 de xuño-. “O prazo pechou fai dúas semanas e o Concello de Viveiro perdeu a oportunidade de telas solicitado xa nesta convocatoria”.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



