O deputado Daniel Castro advirte que algúns veciños xa están cambiando as cartillas ao centro de saúde de Alfoz por medo a quedar desatendidos
Santiago de Compostela, 26 de xuño 2024. O deputado da Mariña, Daniel Castro, preguntou no Pleno desta semana pola situación do centro de saúde do Valadouro, sen médicos despois de dúas xubilacións previsibles, e advertiu que a día de hoxe xa hai veciños que están cambiando as súas cartillas ao centro médico de Alfoz por medo a quedar desatendidos”.
Castro lembroulle ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que a mediados de abril a veciñanza do Valadouro se manifestaba no seu centro de saúde porque “basicamente non tiñan médicos”, para recriminarlle despois ao PP que non cubra nin xubilacións, nin baixas nin nada” sen garantir así o seu dereito a ser atendida pola sanidade pública.
O deputado nacionalista destacou tamén que hai máis dun ano se xubilaba con 70 anos un dos dous médicos do centro, ironizando con que “non se vía vir”. Denunciou que “entre marzo e abril, os veciños e veciñas que acudían ao centro de saúde comprobaban que non había ningún facultativo e que, co paso das semanas, seguía sen habelo”. E todo isto “por unha nova xubilación, algo -volveu ironizar- totalmente inesperado”.
Castro trasladou as queixas da veciñanza pola situación mantida durante o tempo para subliñar que “a única solución que o Sergas puxo enriba da mesa foi que unha médica fose pasar consulta algunhas horas algúns días, nun centro de saúde que tiña que ter dous médicos ou médicas”.
Apuntou que, “casualmente”, o día anterior á concentración do 14 de abril, o Sergas aseguraba que ía recuperar a normalidade da situación, “pero aquí pasou algo moi diferente”, lamentou, e especulou sobre dúas posibilidades: ou ben que “o PP considera normalidade que nun concello que ten que ter dous médicos só se pase consulta unhas horas á semana ou ben que basicamente lle mentiron á xente do Valadouro para intentar que a concentración non fose tan ben”.
“A día de hoxe a realidade é que hai habitantes do Valadouro que están a pasar a cartilla para o concello de Alfoz pola sinxela razón de que no seu concello non teñen garantida a atención sanitaria”, recalcou.
É por iso que Castro lle preguntou ao PP se “van volver mentirlle á xente ou se a veciñanza se ten que acostumar a que non haxa persoal médico no centro de saúde”, dixo en alusión ao que fixeron no de Ribadeo, Foz, Trabada, Viveiro, O Vicedo, Cervo, Muras ou A Pontenova nos que, ante a falta de médico, “actuaron como se non pasase nada”.
“Van seguir botando balóns fóra cando teñen as competencias exclusivas?, van cubrir as dúas prazas que lle corresponden ao Valadouro cantos antes? Ou vanlle dicir á xente que non teñen médicos por culpa de Catalunya?”, preguntou.
Ante a resposta do conselleiro, na que este lle botou a culpa ao goberno do Estado da escaseza de médicos, Castro replicoulle coa cantidade de prazas MIR cuberta en Burela, “unha de seis, e cero de seis o ano pasado”. A excusa cae rápido”, asegurou.
O deputado da Mariña, ante o anuncio de que ía haber dous médicos este verán no centro de saúdo do Valadouro, contestoulle que “por parte do BNG, estamos encantados de que así sexa, pero ata agora “a hemeroteca di o contrario”, concluíu.
É por iso que o BNG lembra que este sábado 29 hai convocada outra manifestación ás 12 da mañá no centro de saúde da localidade co lema “Unha vez máis, na defensa da atención primaria”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



