Lugo, 18 de xullo de 2024. O Vicedo acollerá o venres 26 e o sábado 27 de xullo a sétima edición da Romaxe Viquinga, que foi presentada hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo. Participaron o delegado territorial, Javier Arias; o alcalde do Vicedo, Jesús Novo; os membros da compañía Queiman e Pousa, encargados dalgúns espectáculos e actuacións; e integrantes doutras institucións colaboradoras.
En canto ás actividades previstas, este ano comezarán o xoves 25 cunha ruta guiada pola zona dos Moutillós para explicar a orixe da celebración. O pregón a cargo do actor Alfonso Agra será o venres ás 20,30 horas no exterior da Casa da Cultura.
A xornada grande terá lugar o sábado 27 na praia de San Román. A partir das 11,00 horas abrirán os campamentos viquingos e cristiáns e comezarán os obradoiros. Ao longo do día sucederanse os espectáculos de recreación e desfiles, talleres, xogos, actuacións musicais, contacontos e outras iniciativas, como unha exposición de armamento viquingo. Entre as actividades máis destacadas figura o desembarco viquingo (12,30 horas), seguido da batalla entre tropas viquingas e cristiás; as vodas (18,15) e o enterramento viquingo (22,30 h).
Apoio da Deputación
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este xoves na presentación da VII edición da Romaxe Viquinga.
Fernández Méndez felicitou a todos os organizadores, voluntarios e participantes que fan posible este evento e subliñou que “o voso traballo incansable, a vosa paixón e dedicación son o alicerce fundamental que sostén esta celebración. Grazas a vós, O Vicedo transforma cada ano este anaco de historia nunha experiencia viva e inesquecible”.
Ademais, o Deputado provincial convidou a toda a veciñanza a achegarse durante a última fin de semana a esta cita e destacou que a “Romaxe Viquinga é un exemplo perfecto de como a cultura e a historia poden ser celebradas e vividas de forma dinámica e enriquecedora” e sinalou que “esta edición será un rotundo éxito para os veciños e visitantes que pasarán dúas xornadas inesquecibles”.






















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



