A licitación do contrato, recollida no Portal de Contratos de Galicia, prevé a disposición de 50 ambulancias
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2024. A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos de Galicia a licitación do servizo de transporte sanitario terrestre non urxente (ambulatorio e hospitalario) e hospitalario urxente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos por 12.374.280 euros e un período de duración de 24 meses.
O contrato prevé a disposición de 50 ambulancias e a posibilidade de prórroga por un período de 12 meses, cun valor estimado neste caso de 18.519.702 euros.
A finalidade desta contratación é a consecución dos máximos niveis de eficiencia na prestación deste transporte sanitario, establecendo os protocolos e procedementos que se estimen necesarios para a consecución de tal fin.
Os servizos que se realizarán no marco deste contrato serán o transporte interhospitalario para probas e consultas, as altas e ingresos hospitalarios, os traslados urxentes interhospitalarios, os traslados de tratamentos e consultas programadas, e os traslados fóra da Comunidade Autónoma como consecuencia da asistencia sanitaria en centros referentes a nivel nacional en certas patoloxías, técnicas ou tratamentos.
Son os criterios médicos os que determinarán mediante prescrición que pacientes son os usuarios das ambulancias asistenciais ou non asistenciais e as características técnicas e o equipamento sanitario preciso en función das necesidades do doente.
O número de servizos estimados que se realizarán no marco deste contrato na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos é de 155.000 anuais.
As empresas interesadas na prestación deste servizo teñen de prazo ata o vindeiro 26 de agosto para presentar as súas ofertas.
Este contrato complementarase coas próximas licitacións autorizadas recentemente polo Consello da Xunta do resto de áreas sanitarias e que suman un importe total de licitación de 84.548.765 euros por dous anos. Os novos contratos supoñen un incremento global de 23 millóns de euros con respecto aos actualmente vixentes.
Melloras previstas
Nestes contratos inclúense as melloras das condicións económicas dos traballadores de acordo co V Convenio colectivo galego de transporte sanitario que inclúe actualizacións dos salarios (13% para os anos 2023, 2024 e 2025), ademais de redución horaria de 8 horas en 2024 e outras 16 horas en 2025. Así mesmo, recóllese un aumento das dietas, do plus de transporte e das retribucións de festivos e días especiais, entre outros incentivos.
Nas contratacións establécese a obrigatoriedade do cumprimento do convenio colectivo galego de transporte sanitario e o ofrecer aos traballadores un emprego estable e de calidade, ademais de protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais, asegurando todas as medidas de protección e prevención, proporcionando o subministro de equipos necesarios e promovendo condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.
Todos os servizos de transporte sanitario dos pacientes das áreas sanitarias deberán realizarse no menor tempo posible, pola ruta máis adecuada e nas mellores condicións técnico-sanitarias e de confort para os doentes. Para conseguir este obxectivo, as empresas adxudicatarias deberán levar a cabo xuntanzas periódicas co servizo designado polo Servizo Galego de Saúde co fin de planificar as rutas máis idóneas.
As ditas rutas adaptaranse en función das localidades e domicilios dos pacientes e aos horarios de recollida, tratamentos e presenza dos enfermos nos centros sanitarios e a localización dos mesmos.
Cada unha das ambulancias notificará vía telemática, a tempo real, todos os cambios de estado e os tempos solicitados. A comunicación dos pacientes trasladados realizarase mediante un sistema de lectura da tarxeta sanitaria, no suposto de que non poda utilizarse este sistema, os datos do paciente deberán de ser mecanizados igualmente.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



