A actualización dos datos pode realizarse a través do portal IMPORT@SS ou en calquera das oficinas da TGSS
Lugo, 29 de xullo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou esta mañá de que preto de 5.000 persoas dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) da provincia recibirán unha comunicación para que actualicen os seus datos de contacto e dirección de correo electrónico na Seguridade Social.
As persoas afectadas recibirán unha mensaxe SMS a través dos seus móbiles ou unha carta postal “nas próximas semanas, de forma gradual para evitar colapsos”, explicou a subdelegada. Así, para evitar posibles confusións ou desconfianza por parte das persoas afectadas, detallou o texto que se recibirá: “Regularización cotización RETA 2023. Debe comunicar o seu correo electrónico para evitar incidencias na próxima regularización a través da seguinte ligazón: https://portal.seg-social.gob.es/wps/portal/importass/importass/Categorias/Datos+persoais Información 915410291 ou 901502020”.
Isabel Rodríguez remarcou que é necesario proceder a esta actualización polas incidencias que poida ter na próxima regularización das cotizacións dos traballadores e traballadoras autónomas, “facendo un chamamento para a difusión desta campaña, trasladando tranquilidade e garantindo que non se trata nin dunha estafa nin dun engano”. Lembrou tamén que os cidadáns que o desexen poden acudir presencialmente ás oficinas de información que a Tesourería Xeral da Seguridade Social ten na Rolda Músico Xosé Castiñeira, 26, na cidade de Lugo.





















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



