Os populares advirten de deficiencias nas vías que son competencia da Deputación Provincial debido “á falta de mantemento” e piden melloras para “garantir a seguridade dos usuarios e a súa adecuada conservación”
Vilalba, 30 de xullo de 2024. O PP solicita ao equipo de goberno que revise o estado de tódalas vías de titularidade provincial que transcorren polo municipio e esixan á Deputación de Lugo o arranxo de tódalas que presenten deficiencias, ademais de que garanta un mantemento regular e adecuado para evitar o seu deterioro e asegurar a súa funcionalidade a longo prazo. Así mesmo, reclaman a limpeza exhaustiva das cunetas e cruces para mellorar a visibilidade.
Os populares advirten de deficiencias nas estradas provinciais ao seu paso polo municipio “debido á falta de mantemento” e que “comprometen a súa funcionalidade e seguridade”. E poñen como exemplo o firme da LU-P-6513 (Vilalba-Momán) presenta fochancas e desgastes visibles especialmente ao seu paso polas parroquias de Codesido, Tardade, Distriz, Gondaísque e Mourence. E, de forma similar, a estrada LU-P-6519 tamén presenta tramos en mal estado ao seu paso por Santaballa.
Á vista destas carencias, os concelleiros do PP cren necesario “realizar unha revisión detallada das estradas da Deputación e que se leve a cabo unha limpeza e mantemento adecuado para garantir a seguridade dos usuarios e a adecuada conservación das infraestruturas viarias”.
Os concelleiros sinalan que “a través de diversas publicacións e vídeos publicitarios do PSOE de Vilalba, somos conscientes de que a Deputación de Lugo está a realizar arranxos en estradas de titularidade municipal. En principio é unha medida positiva; pero resulta sorprendente que destine recursos a vías municipais pero a Deputación non demostre a mesma preocupación polos arranxos das estradas de súa titularidade”.
DESBROCE
Os populares advirten que “a maleza medra descontrolada nas marxes das estradas e a situación faise especialmente grave nos cruces” porque “reduce notablemente a visibilidade dos condutores e incrementa o risco de accidentes”.
En relación ao desbroce que está levando a cabo o goberno local nas marxes das estradas municipais, os populares preguntan se se trata de persoal do Concello ou dunha empresa externa. Nese caso, agardan que “o goberno bipartito aclare aos veciños canto costa ese contrato”.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



