O ciclo celebrarase os sábados 10, 17, 24 e 31 de agosto e o domingo 8 de setembro
Ortigueira, 7 de agosto de 2024. O Concello de Ortigueira presenta a cuarta edición do ciclo de concertos ‘Sons non Claustro’, que levará a cabo os sábados deste mes de agosto (días 10, 17, 24 e 31) e o domingo 8 de setembro.
O idílico escenario do Claustro do Concello acollerá a grupos de estilos moi variados, buscando atraer a todo tipo de públicos. Ademais, como nas tres edicións anteriores, será completamente gratuíto ata que se complete o aforo do recinto.
O pistoletazo de saída darao ‘Lle Barluthier’, este sábado 10 de agosto ás 20:30 horas. Este espectáculo baséase nun pianobar que mestura o música jazz ou swing coa comedia. A cola do piano convértese nunha barra de bar obre a que se serven copas nunha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50.
O vindeiro sábado, á mesma hora, será a quenda de ‘ABRIL Fado Atlántico’. Este trío formado por Sara de Sousa, Iría Quintá e Daniel Adzemian naceu en Ferrolterra en 2007 e ofrece unha proposta musical que vai máis aló do tradicional fado portugués, incluíndo no seu repertorio pezas de tango, choriño brasileiro ou outras músicas atlánticas, aínda que interpretadas coa instrumentación típica do fado.
O día 24 será a quenda de ‘O camaleón musical’. Vadim, Mauricio e Alfredo póñense a proba interpretando co seu acordeón, guitarra e clarinete estilos tan diferentes como música clásica, bandas sonoras, folk, jazz e pop. Trátase dun concerto didáctico e é o ideal para toda a familia.
O toque clásico poñerao, o último domingo de agosto, o dúo ‘The Duellist’. Con Sara Ember ao violín e Samuel Antón ao violoncelo e guitarra ofrecen un repertorio amplo que vai desde pezas de clásicos como Vivaldi, Bach ou Mozart ata música popular como bandas sonoras de películas e música folk.
Como colofón a estas cinco semanas de concertos, o domingo 8 de setembro, ás 12:30 horas, a coruñesa Silvia Penide ofrece unha sesión vermú (que conta coa colaboración con Vermú Lodeiros) que non deixará indiferente a ninguén. Cunha dilatada traxectoria no pop acústico, conta con sete traballos discográficos e gañou dous premios Martín Códax da Música Galega nas categorías de Pop/Indie e Canción de Autor/a.
En caso de condicións climatolóxicas adversas, os concertos serán trasladados ao Teatro da Beneficencia.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



