Barreiros, 9 de agosto de 2024. No día de onte, 8 de agosto, celebrouse un taller de pilotaxe de drons en Barreiros, no que participaron as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).
Durante a xornada, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer as partes fundamentais destas aeronaves non tripuladas, a normativa pola que se rexen as zonas de voo, e, por suposto, experimentar a emoción de pilotar drons nun circuíto deseñado especialmente para a ocasión.
Conforme avanzaba a xornada, os rapaces e rapazas superaban probas cada vez máis complexas, demostrando unha precisión crecente no manexo dos aparatos.
O evento contou coa presenza da alcaldesa do Concello de Barreiros, Ana Ermida, a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, e a concelleira de Igualdade, Montse Porteiro.
Ana Ermida subliñou a importancia de dar a coñecer estas aeronaves non tripuladas dunha maneira lúdica, facendo fincapé en que “non se trata simplemente dun mero xoguete. Os drons xa se están a utilizar en moitos procesos de innovación empresarial e tamén ante emerxencias e controis de desastres, ao poder chegar de forma máis rápida e segura para facer un diagnóstico grazas ás súas cámaras. Moitas empresas precisan destas ferramentas e de persoas profesionais para o seu manexo, polo que estas experiencias de pilotaxe de drons, aparte de potenciar as súas habilidades, o feito de comezar en idades temperás pode descubrir unha paixón e un futuro profesional”.
A actividade foi organizada desde a aula CeMIT do Concello de Barreiros, que conta cun equipamento disruptivo co cal se trata de aumentar o interese da rapazada polas profesións tecnolóxicas.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



