Ribadeo, 19 de agosto de 2024. O Concello asinou hoxe as subvencións nominativas coas entidades deportivas de Ribadeo. Segundo subliñou o alcalde, Dani Vega, a partida destinada a este fin supera os 50.000 euros.
O rexedor explicou: “acabamos de firmar as subvencións nominativas para todas as entidades deportivas, tanto para as escolas de verán como para as actividades que hai ao longo de todo ano. En primeiro lugar, agradecer todo o traballo que están facendo todas as entidades, todas as persoas que conforman eses grupos, esas entidades deportivas, que dende o voluntariado, dende a entrega, están facendo moi grande o deporte ribadense. Ben sexa que con todos os deportistas estamos conseguindo galardóns a nivel autonómico, nacional e incluso internacional. Tamén están impulsando moitas actividades que animan a economía local. E dende logo, creo que a labor que fan é moi importante para que todos os nosos rapaces e rapazas se vaian introducindo no mundo do deporte”.
Para o alcalde “un Concello activo, máis deporte, iso é o que quere o Concello de Ribadeo, e dende logo debemos felicitar tamén o concelleiro, a Silvent, tamén o técnico de deportes, a Iván, que fai un traballo importantísimo, máis alá da súa xornada laboral. E por iso é moi importante ter persoas que tamén entenden e apostan polo deporte dende o Concello. Polo tanto, un agradecemento tamén a Iván e a todos os técnicos do Concello que colaboran na montaxe das actividades que se realizan durante todo ano. Sería imposible sen eles”.
Dani Vega cre que “debemos seguir nesta liña. As entidades deportivas impulsan, propoñen e desde o Concello debemos colaborar, entendendo e sendo conscientes de que o orzamento é limitado. Por iso agradecemos a colaboración tanto da Deputación como da Xunta de Galicia, que están aportando e colaborando con nós para que moitas actividades saian adiante. Co orzamento municipal solo non podería ser. Por iso, un agradecemento, vamos seguir xestionando orzamento para que se garantan esas actividades, e polo tanto eu creo que entre todos o podemos facer”.
O rexedor subliñou que “estes 50.160 euros nas subvencións nominativas é unha parte, hai mais parte de colaboración por parte do Concello, e se lle sumamos toda a xestión que estamos facendo desde o Concello na Xunta e na Deputación, incrementase case ou practicamente no dobre. Creo que tanto coa xestión como cos recursos propios estamos facendo as cosas realmente ben. Vamos seguir nesa liña e vamos traballar entre todos, que é o máis importante entre as entidades, o Concello e o resto das administracións”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



