A portavoz, Mariña Gueimunde, sinala que “o día de San Roque coincidirá en sábado o vindeiro ano, pero será laborable; polo que moitos viveirenses non poderán celebrar o día grande do noso Concello”
Viveiro, 5 de setembro de 2024. O Partido Popular de Viveiro deixou claro no pleno deste mércores que non está de acordo en quitar o festivo local do día de San Roque para o ano 2025, como apoiaron o resto de grupos da corporación municipal no punto relativo á aprobación dos dous días festivos locais para o vindeiro ano.
Así, “o día de San Roque, o noso copatrón, e o día grande do noso Concello será laborable”, subliña a portavoz, Mariña Gueimunde. A popular engade que “a pesar de coincidir en sábado, é día laborable para moitos traballadores que o vindeiro ano non poderán disfrutar das celebracións do día grande das festas de Viveiro”.
Gueimunde condena, non só a decisión; senón tamén “as xestións da alcaldesa” porque, despois de ter convocado o pleno cunha proposta para que os días que se ían votar como festivos para o 2025 fosen o martes de Entroido e o día de San Roque, convoca aos distintos grupos municipais para 15 minutos antes do pleno a unha comisión informativa urxente para decidir o contrario: que o día de San Roque vaia ser laborable”.
A popular engade que “a ninguén se lle escapa que nos últimos anos se perderon moitas cousas en Viveiro” e lamenta que “o último que faltaba por perder eran as tradicións”.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



