Blanco desexou un bo comezo de curso a toda a comunidade educativa e puxo en valor o investimento do Goberno nas axudas directas ao alumnado galego, con 123 M€ en bolsas
Lugo, 9 de setembro de 2024. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou en Lugo o esforzo que está a realizar o Goberno para modernizar a Formación Profesional e facer dela a base dos empregos cualificados do futuro. Fíxoo desde o Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes, que visitou acompañado da alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, o deputado provincial Pablo Rivera e o delegado territorial Javier Arias, que foron recibidos polo director do centro, Joaquín Expósito.
“O CIFP As Mercedes é o mellor exemplo de como o Goberno, a través do Plan de Recuperación, está a transformar a Formación Profesional neste país”, apuntou o delegado, lembrando que o Plan de Recuperación financia a aula de emprendemento e a aula de tecnoloxía aplicada coas que contará este centro neste curso académico. O CIFP As Mercedes percibiu nestes últimos anos 1,2 millóns de euros de fondos do Plan de Recuperación a través dos programas de Centros de Excelencia de FP, Programas de Innovación da Formación Profesional, Aula de Emprendemento e Aula de Tecnoloxía Aplicada (ATECA).
O delegado do Goberno aproveitou a ocasión nunha semana tan senlleira coma esta, na que comeza o curso, para desexar a toda a comunidade educativa un bo ano. Fixo fincapé, neste sentido, en que o último curso o Goberno destinou ao alumnado galego un total de 123 millóns de euros en forma de bolsas ao estudo, que beneficiaron a preto de 54.000 estudantes e tamén ás súas familias. “Apostando polas bolsas e as axudas directas fortalecemos a igualdade de oportunidades e a calidade do sistema educativo”, sinalou Pedro Blanco.
Centros de Excelencia da Formación Profesional
O CIFP As Mercedes accedeu á categoría de Excelencia de Formación Profesional no ano 2022, situándose entre os mellores centros en puntuación de todo o territorio español. En concreto, obtivo a máxima puntuación en aeronáutica, e quedou segundo na puntuación global de todos os centros.
O programa forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno e, en concreto, do Plan Estratéxico de Impulso da Formación Profesional, que ten un orzamento total de 2.000 millóns de euros. Galicia conta actualmente con cinco centros de Excelencia en FP, aos que o Ministerio destinou 4.395.000 euros para que se integraran nesta rede: o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, o CIFP As Mercedes de Lugo, o CIFP Ánxel Casal da Coruña, o CIFP de Someso (A Coruña) e o CIFP Politécnico de Santiago.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



