NOTA DE PRENSA
O GMPP: “no pleno do xoves, o bipartito só inclúe aumento de impostos”.
Os populares afirman que o alcalde e o bipartito aumentan os gastos e aumentan os impostos.
O GMPP di que a contribución tamén sube.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe que a pretendida baixada da contribución urbana que queren aprobar o alcalde e o bipartito non é tal, porque, ainda baixando o tipo impositivo, a contía real a pagar aumentará en practicamente todos os casos: así, un piso que pagara douscentos euros anuais en 2010, en 2011 pagará oito euros máis. Unha casa que en 2010 pagara cincocentos cincuenta euros, pagará dezaoito euros máis en 2011. Mesmo os pisos de valores máis baixos terán un incremento, ainda que nestes casos menor.
Os populares consideran que en épocas de crise as administracións teñen que reducir gastos e non aumentar impostos. No caso de Burela a realidade é xustamente a contraria, continúase gastando alegremente e auméntanse impostos. O bipartito o que fixo foi subir impostos todos os anos, desde 2007 hasta agora.
O mesmo ocurre coa actualización dos prezos da auga e alcantarillado. Efectivamente, vaise subir o índice de prezos ó consumo (IPC), pero resulta que moitas familias do noso concello vén como as pensións ou os soldos non aumentan nin tan siquera o IPC. A subida da auga ainda é máis grave se temos en conta que o bipartito burelés acordou manter inalterables os prezos da auga para o exercicio de 2008 alegando que a calidade da auga de Burela non era boa. Todos sabemos que a calidade da auga segue sendo a mesma (sen ir mais lonxe, este fin de semana houbo zonas de Burela nas que auga volveu a sair turbia) polo que non se entende que o que era válido para 2008 non o sexa para 2011.
En relación co incremento do imposto de vehiculos de tracción mecánica, á vista de como está o firme das nosas rúas, parécenos que cando menos este imposto debería manterse nos termos nos que está no presente 2010. A maioría dos bureleses terán que pagar unha media de algo máis de dous euros para o vindeiro 2011, e resulta que os servicios que nos dá o concello nesta materia son bastante deficitarios.
Finalmente, desde o GMPP indican que, un mes máis, o pleno burelés está vacío de contido, dado que a modificación das ordenanzas tén que ir obrigatoriamente a pleno. Fóra deste punto, non hai nada, un mes máis non hai nada, agás as mocións que presentará o PP. A sete meses das eleccións municipais, está máis que demostrado que nada se fixo durante o tempo que leva no concello o bipartito, un bipartito acabado e agotado, que se limitou a facer obras do Plan E, nas que se meteron nada máis e nada menos que dous millóns e medio de euros sen que ninguén note a súa bondade. Un bipartito roto a nivel interno, máis preocupado pola imaxe persoal do alcalde e de certos membros do mesmo, que non aportou ningún proxecto ilusionante para encarar nin a crise nin o futuro.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



