O responsable autonómico pon en valor a campaña promovida por Anfaco-Cecopesca, co apoio da Consellería do Mar, que desprazará unha foodtruck polos campus universitarios ofrecendo degustacións gratuítas de conservas de peixes e mariscos
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2024. O sector pesqueiro galego continúa redobrando esforzos da promoción dos produtos pesqueiros como resposta ao progresivo descenso do consumo destes alimentos entre a cidadanía. Neste contexto, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou xunto co secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Roberto Alonso, na presentación da nova campaña promovida por esta entidade, ‘A Matriculata’, que levará ata o vindeiro 23 de setembro, a través dunha foodtruck, o mellor sabor das conservas de peixe e marisco polos principais campus universitarios galegos.
Esta iniciativa desenvólvese no marco do convenio de colaboración desta entidade coa Conselleria do Mar para a promoción e mellora da comercialización das conservas e produtos pesqueiros para o ano 2024, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa). Segundo explicou Alonso o obxectivo é concienciar á mocidade sobre a importancia dunha alimentación saudable, destacando as propiedades nutricionais das conservas de peixe e marisco así como as posibilidades que presentan estes alimentos á hora de realizar pratos rápidos e nutritivos.
Pola súa banda, o responsable autonómico enmarcou esta nova acción no marco do compromiso do Goberno galego en afondar na promoción dos produtos do mar galegos, destacando iniciativas como O Sabor da Aventura está no Mar, Ti si que eres un bo peixe, Ponlle as pilas ao teu bocata ou Fai click ao teu bocata, que van dirixidas ao público máis novo. Nesta liña subliñou a importancia de influír nos hábitos de consumo das novas xeracións como mellor estratexia para acadar unha cidadanía máis saudable e reverter a tendencia negativa da presenza destes alimentos na cesta da compra dos consumidores.
Tamén resaltou que nesta tarefa débense involucrar todos os axentes implicados para acometela con éxito e, nese sentido, valorou moi positivamente esta nova campaña que susténtase na garantía dunha saúde pública de excelencia baseada nunha educación nutricional óptima. Para iso, xogan un papel moi relevante os expertos gastronómicos de ampla experiencia e recoñecemento como Alberto Ribas e Chema García que compartirán os mellores consellos e trucos cos estudantes, dando un maior valor se cabe a esta iniciativa, achegando tamén á xuventude a labor da industria pesqueira galega.
Un sector estratéxico
O conselleiro destacou a importancia social e económica do sector da conserva na comunidade da que Anfaco-Cecopesca é unha ampla representante xa que agrupa a máis de 250 empresas do complexo mar industria de toda España cunha facturación que superou os 12.100 millóns de euros no 2022. As compañías galegas representan máis da metade dos asociados, o 88% da facturación e o 75% do emprego, xerando en Galicia máis de 11.200 postos de traballo, sendo ocupados o 65% por mulleres.
Unha relevancia que está reflectida no Plan Estratéxico para o Sector Conserveiro 2022-2030 que recolle máis 80 medidas que abarcan sete liñas de acción apostando polo reforzo da solvencia empresarial e a capacidade de investimento, a optimización dos procesos produtivos ou internacionalización así como na dixitalización e uso de novas tecnoloxías co obxectivo de xerar un maior valor engadido.
Promoción e IVE
Alfonso Villares instou ao Goberno central a dar un paso adiante na promoción dos alimentos mariños a nivel estatal, en liña coas accións promovidas desde a Xunta, así como a acceder a rebaixar o IVE a estes produtos. Dúas demandas nas que se leva insistindo no conxunto da cadea mar-industria como ferramentas máis eficaces para incentivar o consumo do peixe, marisco e conservas sen atopar, ata agora, resposta satisfactoria por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



