Nota de prensa
Veiga considera que o DOG deixa ao descuberto as falsidades do PP.
O BNG anuncia que o novo decreto de organización do sistema sanitario galego avanza no desmantelamento do Hospital da Costa.
O Diario Oficial de Galiza do 15 de Outubro de 2010 recollía o Decreto 168/2010 do 7 de Outubro polo que se procedía a regular as estructuras de xestión integrada nos ámbitos periféricos do Servizo Galego de Saúde e tamén a creación das estructuras de xestión integrada de Santiago de Compostela e Coruña. Así segundo se recolle no referido decreto o obxectivo do mesmo ten como sentido definir o modelo organizativo do Servizo Galego de Saúde para proceder a paso seguido a creación das estruturas de xestión integrada alén da Provincia da Coruña onde a día de hoxe xa está completada a creación das tres áreas coa de A Coruña e Compostela, unha vez que a de Ferrol xa viña funcionando. Segundo os nacionalistas “o propio contido do Decreto e a concreción que se fai do mesmo para o caso da Coruña e de Compostela non fai outra cousas que certificar os argumentos que viñemos utilizando desde A Mariña, no sentido de que a folla de rota da Consellaría é converter a Area Sanitaria da Costa nunha mera sucursal da Área de Xestión Integrada de Lugo”.
O novo decreto de organización deixará ao Hospital da Costa como unha mera sucursal do hospital referencial de Lugo.
O Bloque Nacionalista Galego anunciou que a nova estructura de mando dos órganos periféricos do SERGAS complétase cunha Xerencia de Xestión Integrada, Dirección de Procesos Asistenciais, Dirección de Recursos Asistenciais, Dirección de Recursos Económicos e un Xerente Executivo que nos casos concretos das tres áreas de xestión integrada que funcionan a día de hoxe se corresponden co director do Hospital que non é de referencia, isto é no caso da Coruña o de Cee e no caso de Compostela o do Hospital do Barbanza. “Este Xerente Executivo tal como se recolle no Decreto terá como función a execución das directrices e proxectos establecidos para o seu ámbito determinado nos anexos deste decreto, isto é aplicar o que se defina no Comité de Dirección e o que acordasen cada un dos outros cargos unipersoais dese Comité de Dirección. En definitiva máis claro branco e en botella o camiño que se propón e converter aos Hospitais que non sexan de referencia na área de xestión e meras sucursais dos anteriores” afirmou Veiga.
Balseiro mentiu á cidadanía da Mariña e o DOG danos a razón sobre as intencións do PP de desmantelar pola vía dos feitos a autonomía de xestión da Área Sanitaria Norte.
O Portavoz Comarcal do BNG indicou que abonda con repasar as funcións que no decreto se outorga aos órganos persoais de cada unha das áreas de xestión para comprender que a capacidade de autonomía dos xerentes executivos pasa a ser mínima ate o punto de que a política de gasto, de contratación de persoal para cubrir as necesidades asistenciais, de persoal no sentido de que se pasa a entender a área de xestión como a area sanitaria, de ampliar os servizos ou para asinar os concertos cos centros privados xa non dependerán deles. “A estas alturas xa non hai dúbidas de quen faltaba a verdade, polo que o PP e particularmente Balseiro deberían pedir escusas aos veciños da Mariña. Se atendemos ao propio cronograma que no seu momento fixou a Consellaría de que en 2011 se crearían as áreas de xestión en Lugo e en Ourense e se temos en conta a próxima apertura do novo Hospital en Lugo xa non quedan moitas dúbidas de que o destino que a Xunta de Galiza lle ten reservado ao Hospital da Costa” afirmou Veiga que se mostrou convencido “de que ou a mobilización social e a presión social para os planes do PP ou senón Burela se converterá nun Centro de Saúde, con máis espacio iso si, que os outros que existen na zona. Mesmamente non é casual que fose precisamente nas áreas sanitarias onde houbo menor presión social por onde comezaron a implantar o novo sistema”.
O goberno galego deteriora de xeito deliberado a calidade asistencial no Hospital da Costa cun comisariado político que actúa na súa dirección sen rechistar.
O Bloque Nacionalista Galego mostrouse convencido de que o futuro do Hospital da Costa se atopa as portas da súa batalla decisiva, “porque ou mudamos o modelo organizativo definido neste Decreto ou pouco ficará en dous anos do Hospital, con todo o que significa de calidade asistencial pero tamén de motor económico da Mariña. Non nos estraña mesmamente que o propio SERGAS e a actual equipa directiva do Hospital estean a día de hoxe de xeito deliberado a deteriorar a calidade asistencial e tampouco é casual que de xeito reiterado a Xunta de Galiza se negue a investir no Hospital da Costa, mesmo en cuestións que son indispensábeis. Todo indica que o PP e o Goberno Galego o dá por amortizado, si a presión da sociedade da Mariña non os para”. Neste sentido o Portavoz Comarcal do BNG anunciou “a presentación dunha pregunta parlamentaria a fin de que a Xunta faga público con que prazos xoga para crear a Área de Xestión Integrada de Lugo e se o Xerente da Area se vai corresponder co do centro hospitalario de referencia. Outro tanto imos a facer en relación cos investimentos furtados polo PP no Hospital a fin de que se acometan as obras recollidas no Plano Director e que aumente as dotacións en gasto corrente para o mesmo a fin de rematar co colapso ao que está sometido. Porque o camiño para iso non poden ser as peonadas como substituto das actuacións ordinarias”.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



