Preto de 300 persoas participarán neste evento deportivo de BTT que se celebrará este sábado, 28 de setembro, con saída ás 11.00 horas desde a Praza do Concello
Lugo, 26 de setembro de 2024. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes da Fonsagrada, Silbán Rodríguez, e varios representantes da Asociación Deportiva Cultural Balompé da Fonsagrada presentaron este xoves no Pazo de San Marcos a décima edición da proba ciclista Ruta dos Lobos que se celebrará no municipio fonsagradino este sábado. Preto de 300 persoas participarán neste evento deportivo de BTT co que colabora a Deputación de Lugo e que sairá ás 11.00 horas desde a Praza do Concello.
Durante a presentación da cita, Pablo Rivera Capón destacou que a Deputación colabora dende os seus inicios coa promoción e a difusión desta proba cicloturista, “que hoxe ten un efecto multiplicador e transversal na Fonsagrada, dinamizando a economía e o turismo do concello e de toda a comarca da Montaña”. Nese sentido, aproveitou para lembrar que mañá a Ruta dos Lobos da Fonsagrada recibe un dos premios que entrega a Deputación á excelencia turística.
Rivera Capón puxo en valor o traballo do Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e tamén ao seu equipo de Goberno “por deseñar un evento deportivo, duro polas súas características técnicas, pero que contén un enorme valor paisaxístico polos fermosos lugares da Montaña lucense polo que transcorre a ruta”.
Características da cita deportiva
Como anos anteriores, a ruta terá un percorrido circular, con saída e meta, na Praza do Concello. Haberá dous percorridos segundo o nivel de dificultade. Un longo, de 50 quilómetros, cun desnivel de máis de 1.850 metros positivos, e un curto, de 26 quilómetros e un desnivel de 1.000 metros, ambos con puntos de avituallamento que volverán a ofrecer produtos como o mel ou os chourizos.
Os dous itinerarios transcorrerán polas marxes do río Porteliña. Este ano a organización recupera parte do trazado das primeiras edicións, que sigue polo río Lamas, pasa pola praia fluvial Pena do Inferno, polo sendeiro Estrada da República e continúa polas marxes do río Navia. O punto máis baixo do percorrido será Río de Porcos e dende aí a carreira terá unha gran subida de 9 quilómetros e medio ata o Alto de Pedras Apañadas, o regreso cara a Fonsagrada será polo Camiño Primitivo.
A organización habilitará lavado de bicicletas no Campo da Feira, zonas de duchas, un servizo de gardería para facilitar a conciliación dos corredores e unha cea ás persoas que o desexen para degustar un menú típico da Fonsagrada.




















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



