Nota de prensa
RAQUEL ARIAS EXPLICA ANTE OS COMERCIANTES DE VIVEIRO O NOVO MARCO REGULADOR QUE INTRODUCIRÁ A PRIMEIRA LEI DE COMERCIO DE GALICIA REALIZADA NOS ÚLTIMOS 20 ANOS
* A norma, que é froito do diálogo co sector, ordena fenómenos como as rebaixas e establece o funcionamento de fenómenos recentes, como os ‘outlets’, as feiras de oportunidades
* Os centros comerciais abertos das localidades costeiras de Viveiro e Ribadeo recibiron a redor de 150.000 euros
* A delegada territorial indicou que a Xunta distribuíu en Lugo 540.000 euros para a modernización do comercio rural, dos que case a metade corresponden a establecementos da Mariña
Viveiro, 26 de outubro de 2010.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, referiuse aos aspectos máis destacados da nova Lei de Comercio de Galicia e ás diversas liñas de axuda ás que poden optar os comerciantes galegos nunha xornada formativa que tivo lugar hoxe en Viveiro. En concreto, Arias explicou estas medidas de impulso ao sector do comercio nun foro orientado aos comerciantes de Viveiro e promovido pola Federación Galega de Comercio.
Precisamente o día en que o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentaba o proxecto de Lei de Comercio de Galicia no Parlamento, Arias informou aos comerciantes de Viveiro das vantaxes que achegará esta norma, “feita dende o diálogo co sector, que beneficia ao pequeno comercio e garante os intereses dos consumidores”, segundo sinalou.
A delegada territorial subliñou que a lei ordena por primeira vez en Galicia figuras comerciais aparecidas nos últimos anos, como os Centros Comerciais Abertos, a figura dos ‘outlets’ ou as feiras de oportunidades. Así mesmo, regulará as rebaixas, da liberdade absoluta no emprego do idioma e establece a creación de novos órganos: O Observartorio do Comercio Galego, Mesas Locais de Comercio e Consello Galego de Comercio.
Arias realizou estas declaracións diante do propio presidente do Centro Comercial Aberto Casco Histórico de Viveiro, Luis Vigo, e de numerosos comerciantes adscritos a esta entidade. No acto participou tamén o vicepresidente da Federación Galega de Comercio, José Sánchez Bergantiños.
A norma regula tamén as promocións en xeral -e as rebaixas en particular- e a liberdade absoluta no uso do idioma. Así mesmo, da lugar á creación de novos órganos como o Observatorio do Comercio Galego, as Mesas Locais de Comercio e o Consello Galego de Comercio.
Axudas ao sector
A delegada referiuse tamén ao Plan Ágora Re-comercia, que contempla diversas liñas de axuda dirixidas aos comerciantes a título individual, ás asociacións de comerciantes, e aos concellos. “Todas elas –explicou- contribúen a construír un sector comercial galego máis competitivo e dinámico”.
Arias explicou os obxectivos dos distintos programas e deu conta dos resultados daqueles que xa están resoltos. Así, comunicou que as axudas para a modernización do comercio rural de Galicia deixou este ano en Lugo unha contía global de 540.000 euros, distribuída entre 76 comercios instalados en 36 concellos lucenses. Case a metade dos comercios, en concreto, 33, pertencen á comarca da Mariña.
Pola súa banda, informou de que o Centro Comercial Aberto Casco Histórico de Viveiro recibe este ano unha subvención da Dirección Xeral de Comercio de preto de 70.000 euros (69.526 euros), cifra moi similar á concedida ao Centro comercial Aberto de Ribadeo.
Esta liña de axudas, para a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos, beneficiou tamén na provincia de Lugo aos de Lugo (Lugo Centrum), Sarria, Monforte de Lemos e Chantada.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



